Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica e programación de cinema restaurado’

Dende A Cuarta Parede levamos anos reivindicando o papel fundamental das filmotecas e dos arquivos como espazos de resistencia e custodios da memoria fílmica dun pobo (como acredita o noso Número 37). A supervivencia destes lugares, e do valioso patrimonio cultural que atesouran, semella estar constantemente ameazada (tanto polas dificultades técnicas que implica a preservación do material en celuloide, como pola falta de apoio institucional en moitos territorios). Ante esta... Ler máis

A Cuarta Parede: Dez anos de crítica de cinema en galego

A Cuarta Parede cumpre hoxe dez anos, unha efeméride que non sería posible sen a colaboración de todas as persoas que encheron as páxinas da revista ao longo destes anos. Todas aquelas que, dende a súa fundación, achegaron o seu traballo e paixón para que este proxecto se convertese na realidade que é hoxe. Por iso, quixemos aproveitar a oportunidade para recompilar as voces de moitas das persoas que xogaron un papel fundamental na nosa historia, ben sexa dende a dirección,... Ler máis

FICX 2014 (III/III): UNHA APOSTA CHAMADA CONVERGENCIAS

Terceira parte da crónica do FICX deste ano, pódese consultar a primeira, que dá unha idea xeral do festival, aquí; e a segunda sobre a sección oficial e Rellumes, neste outro enlace. A 52ª edición do FICX respectou seccións clásicas, confirmou a recuperación doutras e presentou novidades que agardamos sigan por moitos anos. Das primeiras destacaron as sempre atractivas para o público Sección Oficial, Gran Angular e Rellumes, as dúas últimas tamén seccións competitivas... Ler máis