AYKA by herself
Esta peza vai na liña dalgún dos anteriores vídeos que xa fixen, sobre películas coma Rosetta e Ida, nos que trato de contar de forma breve a historia das protagonistas de cada un deses filmes, intentado transmitir con isto a esencia da propia película e que coma espectador, sintas ganas de ver o filme completo. Esta vez, a película en cuestión é Ayka (2018), un filme casaco de Sergei Dvortsevoy. Narra a historia de Ayka (Samal Yeslyamova), unha muller inmigrante que... Ler máis
ROSETTA BY HERSELF
Nestes días de cuarentena que nos tocou vivir, púxenme a traballar nun deses vídeos que me da por facer ás veces, esta vez sobre Rosetta, unha película belga de 1999, dirixida polos irmáns Dardenne, que fala dunha xove de 17 anos que busca traballo desesperadamente para saír do duro entorno no que vive. Este filme axudou a que en Bélxica votasen a favor da agora popularmente denominada “Ley Rosetta”, que xunto con varias reformas xuvenís, prohíbe aos... Ler máis
LIPOVETSKY ET TRUFFAUT: SOBRE A LIXEIREZA E A FELICIDADE
As veces atopámonos en momentos existencialistas ao longo das nosas vidas, momentos onde cuestionamos o sentido e o funcionamento de todo, do ser humano, da existencia e da vida. Últimamente esas cuestións están a resoar forte na miña cabeza. Cando unha persoa consegue satisfacer as súas necesidades básicas, dentro do suposto estado de benestar no que vivimos, o que agora busca é a felicidade, quere gozar, e ese goce non se atopa fora, está en nos mesmos. A felicidade... Ler máis
COLUMBUS, de :kogonada
Durante os últimos anos, a través das diversas plataformas de vídeo online e medios especializados, vense producindo unha interesante renovación do “vídeo-ensaio” como ferramenta de crítica cinematográfica. Esta evolución é o resultado da proliferación de numerosas canles e artistas que ofrecen a súa particular versión deste formato, que acadou unha considerable audiencia. Kevin B. Lee, Jacob T. Swinney, Lessons from the Screenplay (especializado en análise de... Ler máis