O LUGAR DA MÚSICA
A música evoca, emociona, distrae, anima e acompaña, mais hai unha cousa que a música non pode facer: a música non se pode ver, e iso, nunha sociedade tan atrapada como a nosa polo impulso voyeur, resulta profundamente desconcertante; tanto que moitas veces pechamos os ollos cando escoitamos música, cando bailamos, para non ver ren e sentir mellor unha canción, unha melodía, un ritmo. Hai veces, no entanto, que as imaxes axudan a potenciar as sensacións que transmite... Ler máis
DEREITOS DE AUTOR E INTERNET: Á PROCURA DO SANTO GRIAL DIXITAL
CRÓNICA XORNADA AGAPI ‘A OBRA AUDIOVISUAL. PROPIEDADE INTELECTUAL E CONTEXTO DIXITAL’ Hoxe entra en vigor a famosa lei Sinde-Wert. Xunto ao recente peche de Megaupload por parte do FBI e á controvertida lei Hadopi francesa, que permite a identificación do internauta infractor con multas de ata 300.000 euros e dous anos de cárcere, este documento súmase a unha estratexia que pretende cortar pola vía rápida o acceso a contidos audiovisuais na rede que non seguen... Ler máis
BOTAS, TUPÉS E ROCK’N’ROLL DOS ‘KOLJÓS’: KAURISMÄKI E OS LENINGRAD COWBOYS
Di o tópico que nos traballos menores do corpus de moitos autores pódese atopar o xerme de moitas das súas obras posteriores. Aki Kaurismäki acumula xa 18 longametraxes dentro da súa vasta filmografía, ás que se poden engadir unha longa para televisión, unha serie de curtametraxes, e varios videoclips. E aínda que curtas como Todos los perros van al Cielo ou La Fundición foron suficientemente aplaudidas e analizadas por certos sectores da crítica, talvez pola súa... Ler máis