VIDEOFILIA (Y OTROS SÍNDROMES VIRALES), de Juan Daniel F. Molero

A Revolución non será televisada, a fin do mundo si. Videofilia comeza con dous amigos bebendo e filmando o amencer desde a azotea dun edificio. As promesas maias da fin do mundo deberían convertir esa madrugada na primeira dunha nova era e a última do mundo como o coñecemos. Así o comentan os protagonistas mentres filman o inicio dun novo mundo. Unha era que, pola contra do que os maias pronosticaban, comeza antes de tempo e en paralelo cos últimos avances tecnolóxicos:... Ler máis