Los reyes del mundo, de Laura Mora
Un trono de ladrillo “Aos individuos correspóndenos indignarnos; aos gobernos reflexionar e actuar”, con esta frase de Michel Foucault comezaba a fiar a directora colombiana Laura Mora o seu primeiro filme, Matar a Jesús (2017), para somerxernos nunha obra crúa e inxusta, mais contada dende un punto de vista acomodado, dende as clases que tiñan o privilexio de pensar. En los Los reyes del mundo (2022) volve coa forza da cámara en man, dos planos fechados e os encadres... Ler máis
Un pequeño mundo, de Laura Wandel
Un pequeño mundo, de Laura Wandel © Avalon Resulta complicado dicir algo sobre unha película que fala tan ben por si soa. Que berra tanto de forma tan silenciosa, enquistándose a lume nas veas e facéndonos arder por dentro. Vólvese case innecesario dicir nada sobre ela por medo a estragala ou ferir a súa naturalidade. Non é unha película que poidamos pensar. Non nos dá tempo. É un torrente de incerteza e medos. Todo é mentira comparado cunha soa secuencia da inmensa... Ler máis
Maddi Barber: “Creo que o cine pode xerar alianzas no mundo rural”
A cineasta Maddi Barber (Lakabe, 1988) regresa ao Festival Punto de Vista para presentar o seu último traballo, Gorria, polo que gañou o Premio X Films na última edición do encontro navarro. Tralo éxito das súas anteriores curtametraxes, o tándem formado por 592 metroz goiti e Urpean Lurra, proxectadas en numerosos festivais nacionais e internacionais, Barber converteuse nunha das voces máis singulares do panorama nacional. As súas obras, de corte intimista e antropolóxico,... Ler máis
EMA, de Pablo Larraín
Un dos filmes que máis deu de falar no pasado 2019 foi a última obra de Noah Baumbach Marriage Story. Nel asistimos ao declive e deterioro dunha relación na que o fillo do matrimonio é empregado como unha peza de intercambio entre as discusións. Ema, en certa forma, trata o mesmo tema pero desde un prisma máis amplo, abarcando cuestións que exceden a parella que forman Ema (Mariana Di Girolamo) e Gastón (Gael García Bernal). A parella de bailarina e coreógrafo que forman... Ler máis
MID90S, de Jonah Hill
Hai unha clase de filmes, os chamados coming of age, nos que acudimos como espectadores a un proceso de madurez, crecemento ou aprendizaxe dun protagonista que vive unha época de cambios. No caso de Mid90s (Jonah Hill, 2018), ese protagonista é Stevie, un rapaz de trece anos que vive nun barrio obreiro de Los Angeles a mediados dos anos 90. Stevie ten que lidiar no seu día a día cunha nai ausente e un irmán violento que abusa del. Interésase polo mundo do skate e atopa... Ler máis
THREE BILLBOARDS OUTSIDE EBBING, MISSOURI, de Martin McDonagh
Como se xestiona a ira? Con tan só tres películas na súa filmografía, o guionista, cineasta e dramaturgo Martin McDonagh leva recollidos -dende que presentara a súa oscarizada curtamretaxe Six Shooter en 2004- case cincuenta premios internacionais. A cifra crece de forma exponencial se nos centramos na listaxe de galardóns acumulados polo seu último filme, Tres anuncios en las afueras (Three Billboards Outside Ebbing, Missouri), o cal leva acumulados 116 recoñecementos... Ler máis
TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO, de Xiana do Teixeiro
Apáganse as luces da sala e na pantalla aparece a intermitente imaxe fragmentada dunha Nina Simone, vestida coas súas características cores e respostando con espontaneidade, sinceridade e poética a un entrevistador que lle pregunta “que significa ser libre”. A artista dalle un par de voltas á cuestión, mais conclúe dicindo, de xeito rotundo, que para ela ser libre é non ter medo. Así comeza Tódalas mulleres que coñezo (Xiana do Teixeiro, 2018), un perfecto entrante... Ler máis
Trote, de Xacio Baño
Hai case un ano, Ángel Suanzes publicaba en A Cuarta Parede un texto no que daba conta da produción que se achegaba para o 2018 e a súa relación coa lingua. O texto tamén servía para sinalar a grande produción que se achegaba neste ano que agora remata, ano no que o cinema galego (e en galego) seguiu a loitar por un espazo nas salas de cinema. Este é o caso de Trote (Xacio Baño, 2018), un filme do que se vén falando moito desde a súa rodaxe e que xa espertou hype en... Ler máis
SEFF 2018: LAS NUEVAS OLAS
Festival de Sevilla significa Las Nuevas Olas. Esta sección é o tradicional lugar de refuxio para aquelas películas arriscadas e innovadoras, as que se atreven a cruzar os límites do cinema para trazar camiños aínda non descubertos ou dinamitar polos aires o que xa existe. Ser público desta sección supón abrir os ollos e deixarnos levar polos filmes, xulgándoos só cando varios días permitan que o noso xuízo repouse e analice o visto. Os primeiros impulsos poden levar... Ler máis
LYNNE RAMSAY: LÍMITE, EXPRESIÓN, MIRADA
O cinema da escocesa Lynne Ramsay ten a determinación de deixar que as imaxes falen por si soas. Existe a miúdo un aire de realismo máxico na súa obra; un realismo no que as imaxes, estrañas e incómodas pero tamén poéticas, significan as sombrías historias dunhas personaxes que se enfrontan ás consecuencias da incomunicación e da violencia. A pesar de que a maioría das súas películas son adaptacións a partir de novelas ou relatos literarios, o seu cinema estrutúrase... Ler máis