Théo Court: “A cámara fainos reflexionar sobre a nosa posición de testemuñas ausentes”
© Elamedia Estudios Tras meses afeitas á mediación a través de pantallas, entrevistámonos con Théo Court mediante videochamada para charlar sobre a súa segunda película, Blanco en blanco (2019). A cinta levouse dous premios FIPRESCI: un na Sección Orizzonti do Festival de Venecia -onde o realizador se alzou tamén co premio a mellor director- e o outro no Festival da Habana. En España, a película pasou polo Festival de Xixón e o 31 de xullo chega por fin aos cines... Ler máis
A POÉTICA DA MIRADA NA OBRA DE FRIEDL VOM GRÖLLER
Friedl vom Gröller presentando os seus filmes no CGAI. Foto: María Meseguer Esta peza foi elaborada no Seminario de Crítica Experimental do (S8) Mostra de Cinema Periférico – Con quen falas? – Co espectador 1. “Alá onde vou miro especialmente as caras da xente”. As palabras da propia Friedl Vom Gröller, en aparencia baladíes, din sen dicir moito máis do que nun primeiro momento puidésemos pensar. Nun primeiro momento. Quizais só consista niso, en pasar... Ler máis
아가씨 (THE HANDMAIDEN), de Park Chan-wook
A ollada fragmentada 아가씨 (The Handmaiden, 2016) supón o retorno do cineasta coreano Park Chan-wook logo da súa aventura americana. Se Stoker (Park Chan-wook, 2013) supuxo unha decepción para os seus seguidores ao ser un filme moi coidado no visual mais absolutamente baleiro, a súa nova longametraxe demostra que Park non estaba falto de ideas, senón que o ríxido sistema estadounidense non lle deixou desenvolver esa obra nos seus propios termos. De volta á industria... Ler máis
LA VIE D’ADÈLE, de Abdellatif Kechiche
Quinta longametraxe do cineasta franco-tunisiano Abdellatif Kechiche, La vie d’Adèle (2013) está baseada na novela gráfica Le bleu est une couleur chaude da debuxante francesa Julie Maroh (2010). Deste relato, porén, o director só toma aquilo que lle interesa, dirixindo a súa atención cara algo completamente diferente: rexeita a militancia homosexual do orixinal para centrarse exclusivamente no espertar sexual de Adèle -Clementine na novela gráfica- e nos seus... Ler máis