AS VOCES MARKER
Un dos elementos máis fascinantes da obra de Chris Marker é a súa capacidade para despregar unha enorme cantidade de recursos narrativos. Recursos que nacen en gran medida do interese de Marker en explorar a interrelación entre as imaxes. Sans Soleil de 1982 ou Le fond de l’air est rouge de 1977 son claros exemplos, aínda que probablemente onde levará ao extremo a súa capacidade de innovar coa linguaxe audiovisual será na súa obra multimedia. Como en Zapping... Ler máis
Diana Toucedo: “Quería que a cámara fose unha personaxe máis, que vivise desde dentro a historia”
A directora Diana Toucedo presentou a súa primeira longa, Trinta Lumes, no Play-Doc 2018. Despois da boa acollida en diversos festivais de importancia coma o Festival de Málaga e a Berlinale, Play-Doc sumábase ás citas onde o filme de Toucedo saía con boas críticas. Falamos coa directora sobre o proceso de creación, as influencias culturais e máis. Xa tes traxectoria gravando en Galicia. Como xorde a idea de gravar no Courel? Levaba dez anos en Barcelona e alí aprendín... Ler máis
PLAY-DOC 2015: ESPAZOS FALADOS E PAREDES INVISÍBEIS
Dúas tendencias aparecen na última edición do Festival Play-Doc como síntomas dun escenario cambiante. Onde o ano pasado atopábamos filmes marcados por un forte compoñente contemplativo –Costa da Morte (Lois Patiño, 2013), Manakamana (Stephanie Spray & Pacho Vélez, 2013) ou mesmo Szapito (Bodgan Dziworski, 1984)– nesta edición xorden pola contra dúas tendencias diferentes como constantes: a voz como unidade espacial e o derrube sistemático da cuarta parede.... Ler máis
E AGORA? LEMBRA-ME, de Joaquim Pinto
Ler este texto na súa versión orixinal en portugués Como analizar o tempo? Como incorporar ese concepto filosófico milenario ao pensamento humano? O cinema, como arte do tempo, pode contribuír a esta busca interminábel: pode axudarnos a entendérmonos ou, aínda mellor, a pensarnos como seres durábeis e, sobre todo, finitos. Desa conciencia ontolóxica xorde E Agora? Lembra-me (Joaquim Pinto, 2013): o seu título alude de seguida a esa problemática, xogando coa idea de... Ler máis
Procesos #10 – Ross McElwee
O seguinte texto pertence á presentación de Photographic Memory no CGAI o 12 de abril de 2012. Acompáñase unha entrevista que se lle fixo a Ross McElwee na pasada edición de Play-Doc. Esta será substituída por un vídeo-crónica dos seus días no festival nas vindeiras semanas. Retrospectiva de Ross McElwee no CGAI do 12 ao 24 de abril, organizada por Play-Doc Festival Internacional de Documentais de Tui. __________ Presentar Photographic Memory (2011),... Ler máis