PUNTO DE VISTA 2019: DOS UNS PARA OS OUTROS

1. “Aposto pola arte que facemos, os uns para os outros, como amigos”. A cita do lembrado Jonas Mekas coa que Garbiñe Ortega, directora artística de Punto de Vista, abría o programa do festival pamplonés no seu segundo ano á fronte do mesmo, non puido erixirse como un acompañamento máis oportuno para a súa décimo terceira edición, toda unha declaración de intencións por enriba do necesario entrecomillado ao mestre. Porque esta cita non só se sumou ás numerosas... Ler máis

A SPELL TO WARD OFF THE DARKNESS, de Ben Rivers e Ben Russell

MELANCOLÍA PRIMITIVA Os dous Ben coñecéronse en 2006 en Brigthon. Russell estaba de tour por Europa e Rivers levaba unha especie de cinemateca cuns amigos desde había 10 anos. Chamaron a Russell e ao seu amigo Jonathan Schwartz para que presentasen as súas películas alí. Rivers e Russell caéronse ben e fixéronse amigos. Máis tarde farían un tour conxunto por Nova Zelandia e Australia. Cada un presentaba cinco películas e falaban sobre elas. O programa titulábase... Ler máis