UN MAPA PARA OS ESTUDOS DE CINEMA

Onde estudar cinema? A oferta actual atópase tan dispersa que calquera adolescente que queira afondar na súa paixón vai ficar atrapado nesa pregunta cando teña que elixir destino. O principal problema que terá que afrontar de partida é a escisión entre os estudos teóricos, que ensinan a analizar e pensar os filmes, fronte á formación práctica, que ensina a facelos. Estas dúas opcións deberían ser complementarias, mais no panorama educativo do estado español resultan... Ler máis

CANCIÓN DO SUR, O FILME PANTASMA DA DISNEY

Un 12 de novembro de hai 55 anos, a cidade de Atlanta preparábase para acoller a estrea de Canción do Sur (Song of the South, 1946), película Walt Disney que chegaba tras uns anos, os da II Guerra Mundial, nos que a factoría estivera de capa caída e só realizara filmes propagandísticos. Mais lonxe de celebrar a efeméride, na compañía trabállase non para promocionar este título, senón para facerllo esquecer a aqueles (cada vez menos) que o teñen aínda presente.... Ler máis