Cannes 2023 (V): as curtas son de estudantes?
Man in Black, de Wang Bing Persiste esa crenza estúpida e difícil de tombar de que as curtas son un formato de aprendizaxe. Pois ben, este ano Cannes programou pezas breves, ademais da xa comentada de Jean-Luc Godard, de Wang Bing, Pedro Costa e Man Ray. Serven para desmentir esta aseveración tan repetida? O chinés asina en Man in Black (2023) un exercicio que está entre a performance, o documental confesional e unha sinfonía audiovisual, na que a música do compositor Wang... Ler máis
ANOTACIÓNS ACERCA DA CRÍTICA E A PROGRAMACIÓN CINEMATOGRÁFICA
0. Preámbulo Fun convidado por Víctor Paz Morandeira e Iván Villarmea para dar unha charla acerca das relacións entre a crítica e a programación cinematográfica actual, dentro do magnífico festival Play-Doc de Tui 2015. A súa proposta levoume a idear o desenvolvemento dos puntos básicos do traballo destas dúas profesións na actualidade. A falta de conseguir un discurso cunhas conclusións claras, de expor algo que tivera unha coherencia na súa totalidade, dividín... Ler máis
DOC LISBOA 2014: A HISTORIA VIVA DO CINEMA (I/II)
É posible que esteamos a vivir un cambio de paradigma político a nivel internacional, e non sabemos que resultados terá. Moitos cineastas parecen intuílo e, dende o rexistro urxente, están a documentar estes cambios dificilmente definibles. O ano 2014 está a ser especialmente rico neste eido, e o Doc Lisboa soubo verdadeiramente identificar este pulso. É unha tendencia que mira tamén ao pasado, pois a historia pode ensinarnos moito das turbulencias da actualidade política.... Ler máis
DOC LISBOA 2013 (1/2): PROGRAMAR É POLÍTICA
Doc Lisboa. Un festival que conta con seis salas nas que se están a pasar filmes de maneira simultanea, e ás que aínda se lle suman actividades paralelas e outro par de espazos con proxeccións máis esporádicas. Un festival no que chegar dunha sala a outra leva unha media de 20 a 45 minutos, aínda utilizando o metro. En resumo, un verdadeiro mastodonte cinematográfico. Loxicamente, imposible ver todo, tópico que se di en case todos os certames, pero aquí non esaxeramos.... Ler máis
PLAY-DOC 2013: RETORNO AO FOGAR
No Play-Doc de 2012 houbo unha temática común nas películas a concurso. Eran películas viaxeiras, onde o director ía na busca de algo que non tiña moi claro. Dunha busca estética no caso de Ben Rivers, na busca dun rexistro social, incluso antropolóxico en Yatasto, Viktor Kossakovsky buscaba o paraíso perdido, Mirage de Srdan Keca filmaba o futuro ameazante do capitalismo nas novas torres que se levantaban no deserto de Dubái, e Xurxo Chirro apropiábase do material... Ler máis
PdV 2013. O TIGRE ARRECENDE A DINAMITA
A cabeceira desta edición, obra de Kikol Grau, non podía ser máis axeitada para o lance no que se atopa arestora o festival Punto de Vista: un tigre de Tasmania (o becho ese que tiña raias no lombo) da voltas sobre si mesmo até que lle dá un routo punk, asómanlle os dentes, medra a súa furia, e finalmente esvaece ante a pantasma do poder. Botádelle vós mesmos un ollo, só dura trinta segundos. Cada vez que aparecía na pantalla, a hipnose comezaba: a rabia do animal... Ler máis
A CIDADE NO NOVO DOCUMENTAL CHINÉS: MODERNIDADE DIXITAL
A primeira nova que tivemos en Europa de que algo se estaba a mover nos anos 90 no documental chinés foi se cadra a partires do premio acadado por No. 16 Barkhor South Street (Duan Jinchuan, 1996) no prestixioso festival Cinéma du Réel. A irrupción deste filme en Occidente foi só “a punta visible dun poderoso iceberg cuxa violenta deriva viría a conmocionar as supostamente ben cartografadas augas da produción documental dos 90”1. En esencia, cando nós xa estabamos... Ler máis
POR QUE PROGRAMAR ‘BUMMING IN BEIJING’: UNHA INTRODUCIÓN AO NOVO DOCUMENTAL CHINÉS
A historia de como chega a programarse Bumming in Beijing: The Last Dreamers é a dun descubrimento involuntario que provén do ciclo sobre a representación da cidade no cinema, que o Cineclube de Compostela está a pasar agora mesmo. Cando nos chegou o convite para programar unha sesión, pensamos que o lóxico era dialogar coas liñas xa existentes e responder cun conxunto de artigos a este tema tan suxerinte. A sesión tamén iría por aí. No meu afán por estudar a plasmación... Ler máis
FREE RADICALS: RESEÑA CORRESPONDENCIA(S)
Queridos Víctor e Eloy: Primeiro de todo, presento as miñas escusas. Envío con moita demora –encargada hai meses- esta recensión da edición en DVD das Correspondencia(s). Como xa sabedes, foi editada no ultimo outono por Intermedio, o selo videográfico barcelonés de culto, unha empresa cultural de (merecido) prestixio, consecuencia da laboriosidade na selección do seu catálogo, na confección da edición mesma, do mimo e coidado establecidos en todo o proceso. E un... Ler máis