SO LONG, MY SON, de Wang Xiaoshuai
Durante a pasada edición da Berlinale, o realizador chinés Wang Xiaoshuai presentaba en competición a monumental So Long, My Son, posiblemente a cinta máis sólida dunha Sección Oficial con bastantes altibaixos (podes ler a nosa crónica completa aquí). Recoñecido como un dos compoñentes da chamada “Sexta Xeración” do cinema chinés, Xiaoshuai é un rostro habitual no encontro berlinés: o seu filme Beijing Bicycle foi galardoado co Gran Premio do Xurado no ano 2001,... Ler máis
BERLINALE 2019: SECCIÓN OFICIAL
Synonyms (Nadav Lapid) © Guy Ferrandis A última edición do Festival Internacional de Cine de Berlín (7-17 de febreiro) foi especialmente prolífica no que se refire a titulares e polémicas arredor da súa programación. Despois de 18 anos como director artístico da Berlinale, o xermano Dieter Kosslick despedíase do festival cunha 69ª edición que prometía moito máis do que acabou ofrecendo, especialmente cando falamos dun dos maiores escaparates de cinema a nivel global.... Ler máis
A ESTÉTICA DA CONTRADICIÓN
A historia máis recente do cine chinés pasa pola definición de dúas xeracións posteriores á Gran Revolución Cultural do 1966. Despois de permanecer pechada durante máis de dez anos, a Academia de Cinema de Pequín reabre as súas portas no 1978. Foi daquela cando polos seus corredoiros camiñaban homes que marcarían o porvir da produción cinematográfica da nación do dragón durmido: Chen Kaige e Zhang Yimou. Eles serían os precursores da chamada Quinta Xeración,... Ler máis