FICX50: SUBMISIÓN E METACINEMA
Fronte á crónica diaria, máis atropelada, un conxunto de recensións de filmes, máis que unha reflexión sobre o fai a un festival -isto é, a súa programación e, con ela, a marca persoal que deixa no espectador-, hainos quen preferimos valorar en conxunto a capacidade dun certame para producir pensamento coa súa proposta. Neste sentido, hai dúas liñas que dotan de sentido a este FICXixón 2012 -entre máis que moitos outros cronistas poderán ter identificado-. Unha... Ler máis
RÓTERDAM DÍA 8: SE A VIDA NON CHE SORRÍ… BÉRRALLE FUCK YOU!
Febreiro agasallou aos holandeses o inverno que levaban esperando desde antes do Nadal. O frío da rúa parece traspasar as paredes do centro de operacións do IFFR ante a marcha dunha boa parte dos invitados. Un punto morto, como unha zona de tránsito aeroportuaria medio baleira, que espera a chegada de novos visitantes para a clausura. Ás nove e media da mañá eramos catro gatos na sala de proxeccións. A película merecía moitos máis. Ningún miañou, mais eu pasei todo... Ler máis