SAN SEBASTIÁN 2017 (II): SECCIÓN OFICIAL
No artigo previo xa advertimos o síntoma de melloría ofrecido pola selección oficial de San Sebastián. Durante esta edición, a meirande parte de filmes a concurso que tivemos ocasión de ver –13 de 17–, se ben en moitas ocasións resultaron sen erradas, ofrecían unha razón de ser alén do seu molde: por momentos, breves pero intensos, ata pareceron lonxanos os días nos que Sección Oficial era aquela que menos garantías ofrecía de toda a programación, confeccionada... Ler máis
FIGURAS NA PAISAXE: CINEMA NARRATIVO E TOPOFILIA
Ler este artigo na súa versión orixinal en portugués Algunhas das primeiras imaxes do cinema foron do mundo natural en movemento, escenas de rúa e vistas de temas topográficos. Nese sentido, o cinema podería ser interpretado neses primeiros tempos case como un subproduto da industria turística ou do rexistro xeográfico. A asociación entre filme e paisaxe resulta daquela evidente. Unha posíbel definición de paisaxe sería a proposta por John Brinkerhoff Jackson: “unha... Ler máis
EM LISBOA, O INDIE MÉTESE NA PRODUCIÓN
O Indie Lisboa decidiu este ano poñer en marcha a produción dun filme, Em Lisboa, rodado na cidade por catro cineastas moi próximos ao festival: Denis Côté, Dominga Sotomayor, Marie Losier e Gabriel Abrantes. A película proxectarase na gala inaugural da vindeira edición. Miguel Valverde, o co-director do certame, desvélanos os detalles da súa xoia da coroa. Como se concibe Em Lisboa? Nós tiñamos a idea, cando comezamos a pensar no proxecto, de que a celebración do... Ler máis
PINA, de Wim Wenders
IMAXES NOVAS As imaxes de Pina, último traballo do cineasta Wim Wenders estreado o pasado ano 2011, teñen algo de novas. Malia que o filme concibiuse inicialmente coma un documental sobre Pina Bausch, bailarina e coreógrafa, figura indiscutible da danza contemporánea e directora do Tanztheater Wuppertal, logo da súa morte repentina unha vez comezado o proxecto, e grazas en parte, segundo confesaría o seu director, ao entusiasmo mostrado polos bailaríns da compañía,... Ler máis
GUÍA DE COMPLEJOS, de José Luis Molinuevo
As series de televisión son un útil comodín nas conversas diarias. Algo así coma o tempo meteorolóxico. A ficción televisiva converteuse nun tema recorrente que nos permite establecer contacto seguro e fiable, xa que todo o mundo parece enganchado a unha. É máis, coa xente que habitualmente nunca tivemos nada de que falar, de súpeto, atopamos unha base común nos nosos gustos para manter unha conversa. As series permiten o achegamento e a conexión entre as persoas como... Ler máis