GUY MADDIN: MÍMESE E AUTOFICCIÓN

Un ollo ben aberto mira fixamente ao espectador: é o ollo fendido de Un chien andalou (Luis Buñuel, 1929), o ollo da cámara en Человек с киноаппаратом (Dziga Vertov, 1929), o ollo morto que abría Vertigo (Alfred Hitchcock, 1958) ou o ollo conxelado -e a punto tamén de morrer- que pechaba Vai~E~Vem (João César Monteiro, 2003). Se hai unha imaxe que se repite regularmente ao longo do cinema moderno, sen dúbida é esta: a ollada agredida, exaltada, hiperconsciente,... Ler máis