As Neves, de Sonia Méndez
Vaia por diante, non me levo ben co coming-of-age, por un lado un enorme contedor cheo de posibilidades, pero que moi habitualmente acaba centrado na superación persoal dun protagonista adolescente con fórmulas moi estandarizadas. As exploracións dende o fantástico ou a comedia son máis ou menos frecuentes, mais fican tan lonxe do que entendemos por este subxénero, que decotío nin sequera reciben esa etiqueta. Eu asócioa a un modelo caduco e repetitivo, moi na liña indie... Ler máis
Tralas luces, de Sandra Sánchez
“A vida habería que vivila dúas veces, para non cometer erros”. Quen así fala é Lourdes Machado, protagonista de Tralas Luces, a primeira longametraxe da directora galega Sandra Sánchez. Trátase dun documental que en orixe, como reflicte o propio título, pretendía retratar a vida dos feirantes ambulantes, unha realidade moitas veces estigmatizada e oculta para o común da xente que ateiga as festas e verbenas desfrutando das rutilantes atraccións que estas ofrecen.... Ler máis
CLERMONT 2019: LABO(RATORIO) DIVERSO E REFRESCANTE (2/2)
O artigo vén de aquí. Gran nivel da animación Nun festival onde a animación tivo un alto nivel, había un par que facían de ponte entre o cine do real e o debuxado. Marfa (Myles McLeod, Greg McLeod, 2018) era o mellor exemplo disto. Concibido coma un grupo de estampas desta localidade texana, os autores logran con apenas uns simples trazos sobre fondo en branco compor un retrato lixeiro e fragmentado, mais moi complexo, dos tipos que habitan esta vila gandeira. O formato... Ler máis
STREETWISE: RECOMPOÑENDO IMAXES E XÉNERO
Esta peza foi elaborada durante o obradoiro do Seminario de Crítica Feminista que organizamos en Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui 2018 (Le o texto na súa versión orixinal en portugués aquí) Recompoñer imaxes, recompoñendo o xénero. No fondo, esta é a proposta, a partir de Streetwise, de Martin Bell, e da teoría da performatividade de Judith Butler. E de que forma nos axuda a montaxe, o colado, a re-ver os xestos máis cotiás? Comparándoos, sobrepoñéndoos,... Ler máis
CANNES 2018 EP. 9: LEE CHANG-DONG ADAPTA CON SUTILEZA E XENIO A HARUKI MURAKAMI
Queixabámonos dun inicio frouxo hai unha semana, mais o certo é que esa tónica foi a excepción en Cannes. A un par de días da clausura, día tras día, o festival está a ofrecernos filmes destacables. É o caso de Burning (Lee Chang-dong, 2018), no que o surcoreano adapta un relato de Haruki Murakami para, gardando intacto o ton misterioso e máxico do escritor nipón, levalo ao seu terreo cunha narrativa sutil e un xenio poético que coloca a Burning no máis alto dunha... Ler máis
CANNES 2018 EP. 8: CHEWBACCA VISTE DE GALA NUNHA BOA XORNADA PARA O CINEMA DE XÉNERO
Erguémonos esta mañá cunha boa dose de cinema de xénero da man de David Robert Mitchell, o autor de It Follows (2014), que presentou na Croisette Under the Silver Lake (2018). Filme de claro aire cool e coa vontade de sorprender, preséntanos un mozo obsesionado coa cultura pop que vive nun bloque de apartamentos en Los Angeles e que semella pasar os seus días inmerso nas distintas doses desa cultura que consume ávido e espiando ás veciñas cuns prismáticos dende a súa... Ler máis
Ángeles Huerta: “No íntimo, nas capas que máis doen, somos todos iguais”
Após do éxito de Esquece Monelos, que logrou tres premios nos Mestre Mateo (mellor documental, mellor dirección de fotografía e mellor montaxe), Ángeles Huerta fai fronte ao baleiro que fica logo das grandes creacións cun novo proxecto, O corpo aberto. Pouco despois de volver de Berlín, onde presentaron os primeiros pasos deste novo título, Huerta adícanos o seu tempo e conversa. “Faime moita ilusión cando me entrevistan en medios que leo”. Falamos das súas obras,... Ler máis
CURTAS 2017: VANGARDA EN CATRO MOVEMENTOS
O Curtas Vila do Conde vén achegando dende as súas orixes a Portugal os traballos máis diversos do cinema de vangarda nun sentido amplo. Esta acepción tense estendido noutras edicións a todo exercicio visual que puxese en dúbida o narrativo e a representación realista. En 2017 este tipo de pezas foron desterradas da sección experimental para integrar, no que pareceu ser unha transformación gradual nos anos recentes, a competición internacional. Así, como se... Ler máis
CURTAS 2017: A BOLA DE CRISTAL
O Teatro Municipal de Vila do Conde converteuse por uns días nunha enorme bola de cristal na que puidemos enxergar o pasado, o presente e o futuro do cinema portugués: nela vimos pezas que complementan traxectorias sólidas e lonxevas, como o autorretrato Où em êtes-vous, João Pedro Rodrigues (João Pedro Rodrigues, 2017), premiado como mellor filme da competición nacional; descubrimos tamén aos novos herdeiros de determinadas liñaxes egrexias, como Farpões Baldios (Marta... Ler máis
INDIELISBOA 2017: AS MÚLTIPLES VIDAS DOS TRABALLADORES, DOS OCIOSOS E DOS MARXINAIS
Os tempos da hibridación entre o documental e a ficción, así como o debate sobre os límites destes rexistros, fican definitivamente atrás. A deriva que tomou o cinema nos últimos anos convida a superar esta dicotomía e a abandonar as categorías ríxidas coas que antes se definían estilos e tendencias. Todo resulta agora máis complexo e, á vez, de súpeto, máis doado de encarar, como suxiren as dúas longametraxes vencedoras da competición internacional do último... Ler máis