F.J. OSSANG: ZONAS DE CHOQUE

Entrevistado no Festival de Cine Europeo de Sevilla, onde presentaba o seu novo filme, 9 doigts (2017), F.J. Ossang evoca neste encontro a súa relación coa escritura, o cine mudo e mesmo cos xéneros cinematográficos. Gustaríame comezar por describir o estilo da súa obra. Dise a miúdo que fai filmes crepusculares, case apocalípticos. Si, na medida en que sempre hai este dobre aspecto no Apocalipse. Tamén é o momento en que un misterio se revela. Digamos que se produce... Ler máis

GET OUT, de Jordan Peele

No último episodio do seu programa de sketches, os comediantes Keegan-Michael Key e Jordan Peele viaxan á imaxinaria Negrotown, “unha utopía para xente negra” na que non hai racismo sistémico nin explotación. Negrotown, explica un alucinado número musical technicolor, é un sitio no que se pode levar un suadoiro sen recibir balazos, os brancos non che tocan o pelo, non rouban a túa cultura nin te converten no seu amigo negro simbólico. E de aí, dous anos despois,... Ler máis

FID MARSEILLE 2015: SUBSTRATOS DA MEMORIA

‘Toponimia’ de Jonathan Perel. Dicir que o cinema é memoria resulta unha evidencia tan grande como afirmar que é luz. Pero tópicos aparte, se tan a miúdo repetimos estas verdades absolutas é porque a complexidade detrás de tales declaracións é inmensa. O FID, festival preciso e pertinente, sábeo ben. De aí que, dentro desa liña do cinema da memoria, decidise facer na súa última edición un repaso a outro clásico: o cinema de ruínas. Dende os inicios... Ler máis

NICOLAS WINDING REFN, RA E ESCORPIÓN

Nicolas Winding Refn púxose no mapa a nivel mundial coa súa penúltima película (Drive, 2011), pero antes de lograr certa relevancia mediática con aquel proxecto xa realizara oito longametraxes (unha delas para televisión) e varias incursións en publicidade e curtametraxes; o seu filme debut, Pusher, realizado cando contaba tan só con 24 anos, foi de feito unha adaptación en longa dun traballo case amateur que auto-financiou a modo de curta. Conviría con todo sinalar... Ler máis