“O OBXECTIVO DO CINEMA É ACHEGARSE Á BELEZA”
Read here in English 点击进入中文版 O chinés He Yuan, gañador do Gran Premio Punto de Vista 2013 polo seu filme Apuda, ofrécenos con esta película un sentido retrato da China rural, a través da relación dun fillo co seu pai moribundo. A cinta, na súa observación pausada, segue as pautas do Novo Documental Chinés clásico, mais na súa vertente estética sepárase do movemento, adquirindo unha vea pictórica destacable. Sobre este tema centramos a conversa mantida... Ler máis
PdV 2013. O TIGRE ARRECENDE A DINAMITA
A cabeceira desta edición, obra de Kikol Grau, non podía ser máis axeitada para o lance no que se atopa arestora o festival Punto de Vista: un tigre de Tasmania (o becho ese que tiña raias no lombo) da voltas sobre si mesmo até que lle dá un routo punk, asómanlle os dentes, medra a súa furia, e finalmente esvaece ante a pantasma do poder. Botádelle vós mesmos un ollo, só dura trinta segundos. Cada vez que aparecía na pantalla, a hipnose comezaba: a rabia do animal... Ler máis
POR QUE PROGRAMAR ‘BUMMING IN BEIJING’: UNHA INTRODUCIÓN AO NOVO DOCUMENTAL CHINÉS
A historia de como chega a programarse Bumming in Beijing: The Last Dreamers é a dun descubrimento involuntario que provén do ciclo sobre a representación da cidade no cinema, que o Cineclube de Compostela está a pasar agora mesmo. Cando nos chegou o convite para programar unha sesión, pensamos que o lóxico era dialogar coas liñas xa existentes e responder cun conxunto de artigos a este tema tan suxerinte. A sesión tamén iría por aí. No meu afán por estudar a plasmación... Ler máis