Ons, de Alfonso Zarauza
Situada na entrada da Ría de Pontevedra atópase a Illa de Ons. Un paraíso atlántico que contén un dos lugares máis estraños e pintorescos da nosa orografía: o Buraco do Inferno. Esta greta vertical a modo de pozo, que conecta directamente co mar, emite tenebrosos sons os días de temporal. Conta a lenda que se trata dos berros e saloucos das almas arrastradas polo demo, e para moitos non é o mar o que se atopa ao fondo da fisura, senón o mesmo Inferno. Alfonso Zarauza... Ler máis
Procesos #29 – Alfonso Zarauza
Seis anos despois da súa última longametraxe, Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela, 1973) presenta o seu novo traballo no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Ons céntrase nunha parella en crise, interpretada por Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’, que se traslada a pasar o verán na illa titular, onde a chegada dunha estranxeira misteriosa provoca que afloren secretos e sentimentos ocultos. Con apenas 5 longametraxes ás súas costas, Zarauza conta cunha das filmografías... Ler máis