O triángulo da tristeza, de Ruben Östlund

  O mecanismo que mantén un cruceiro a flote componse dunha gran cantidade de pequenos elementos de enxeñería, que sen ser moi atractivos de por si, traballan xuntos dende o anonimato para crear esa preciosa imaxe final dunha embarcación capaz de navegar os mares. Se algún destes pequenos e descoñecidos elementos falla ou non se comporta como debería, todo o sistema corre o risco de virse abaixo, causando graves problemas aos seus tripulantes. O mesmo podería dicirse... Ler máis

TEEN SPIRIT, de Max Minghella

O actor Max Minghella, coñecido especialmente pola súa interpretación de Divya Narendra en The Social Network (David Fincher, 2010) ou de Nick Blaine en The Handmaid´s Tale (Bruce Miller, 2017), atreveuse esta vez coa dirección. O británico púxose detrás da cámara, seguindo os pasos do seu pai Anthony Minghella, para realizar este filme escrito por el que ten lugar na Illa de Wight, a máis grande de Inglaterra onde, precisamente, naceu o seu proxenitor. Teen Spirit presenta... Ler máis