A LIBERDADE DE CHAMAR ÁS COUSAS POLO SEU NOME
Do mesmo xeito que Umberto Eco ofrecía en 1977 unha didáctica e esclarecedora disertación de Como se fai unha tese1, o investigador Manuel Trenzado Romero ofrece unha modélica disertación de como abranguer unha colosal investigación socio-cinematográfica na súa obra Cultura de masas y cambio político: El cine español de la transición, publicada polo CIS en 1999. Este exhaustivo estudo é unha referencia bibliográfica magnífica para indagar naquel transcendental intervalo... Ler máis
‘CONTRACAMPO’: REVISTA DE COMBATE
A morte o pasado 20 de febreiro de Francisco Llinás, crítico cinematográfico, activista cultural e fundador da revista Contracampo, publicación cinematográfica prolongada durante 42 entregas entre abril de 1979 e outono de 1987, trae ao recordo a significación dunha aposta editorial hoxe aínda diluída ou pouco coñecida, en ocasións mal dixerida polas sucesivas operacións de desmemoria levadas a cabo sobre o frutífero marco da etapa da transición política española... Ler máis