Cinema con batuta. Aproximación á práctica da dirección orquestral a partir do seu tratamento no cinema de ficción

VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual

Tár, de Todd Field

Tár, de Todd Field

Accésit ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional: Cinema con batuta. Aproximación á práctica da dirección orquestral a partir do seu tratamento no cinema de ficción, de Severiano Casalderrey.

En palabras do xurado, trátase dun proxecto “artellado de forma estética e rigorosa e presenta unha aproximación á dirección orquestral no cinema con proxectos da última década a partir dun método de análise adecuado e con conclusións consistentes e útiles para a Academia, ao tempo que transloce un profundo coñecemento do mundo da música e logra transmitir o seu entusiasmo”.

Os premios levan o nome de María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona, 1980), pioneira da crítica cinematográfica en España e figura destacada do xornalismo cultural do século XX. Morales comezou a súa actividade en 1924, asinando baixo un pseudónimo masculino, e chegou a ser a primeira muller en dirixir un xornal de ámbito nacional, La Vanguardia, durante a Guerra Civil Española.

Estes premios contan co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra.

Comments are closed.