Cold War: Unha historia de amor sintetizada
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual
Accésit ao Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional: Cold War: Unha historia de amor sintetizada, de Rebeca Novo.
“Ademais da robustez teórica da proposta, é un traballo de enorme calidade estética sobre o filme de Pawel Pawlikwski, que resulta depurado para deixar o esencial”, explicou o xurado.
Os premios levan o nome de María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona, 1980), pioneira da crítica cinematográfica en España e figura destacada do xornalismo cultural do século XX. Morales comezou a súa actividade en 1924, asinando baixo un pseudónimo masculino, e chegou a ser a primeira muller en dirixir un xornal de ámbito nacional, La Vanguardia, durante a Guerra Civil Española.
Estes premios contan co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra.