Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira

VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual

Nos camiños, de Carme Nogueira

Nos camiños, de Carme Nogueira

Premio ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual galego: Desvelar o dispositivo: o río, a terra, a fábrica. Un achegamento ao potencial político da obra audiovisual de Carme Nogueira, de Breogán Xague.

O xurado destacou a elevada calidade da proposta “grazas a un texto arriscado pola formulación e enfoque orixinal, cunha esencia plural e aberta”.

Os premios levan o nome de María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona, 1980), pioneira da crítica cinematográfica en España e figura destacada do xornalismo cultural do século XX. Morales comezou a súa actividade en 1924, asinando baixo un pseudónimo masculino, e chegou a ser a primeira muller en dirixir un xornal de ámbito nacional, La Vanguardia, durante a Guerra Civil Española.

Estes premios contan co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra.

Comments are closed.