Número 15
O novo número da revista agromará esta primavera aos poucos, paseniño, para non asoballar ao comezo nin deixarvos abandonados a media estación. Nos próximos dous meses iremos publicando dous ou tres artigos por semana, seguindo estas dúas liñas principais: dunha banda a colleita do último Punto de Vista, e doutra unha panorámica adicada á caligrafía cinematográfica.
No tocante á primeira, Punto de Vista deixounos outro ano máis un pouso ben fondo, para darlle ao caletre durante meses ou ben, como dicía Pela del Álamo, para vibrar coa súa lembranza. Os vintemoitos títulos que vimos aló darán nas vindeiras semanas para un par de crónicas (unha da sección competitiva e outra das paralelas), un artigo sobre o cinema de Eduardo Coutinho e outro sobre a publicación deste ano, adicada a Thomas Heise. Ademais, andamos argallando varias entrevistas cos protagonistas do festival: unha con He Yuan, gañador do Gran Premio Punto de Vista co seu documentário Apuda (2010), e outra con Bill Morrison, do que se proxectou a súa última longametraxe, Tributes – Pulse (2011).
Mentres, a panorámica deste número estará adicada á reescritura postmoderna de estilos alleos, unha tendencia que semella consolidada dende hai anos e da que tivemos recentemente dous exemplos moi claros: Blancanieves e Django Unchained. Alén dos xogos cinéfilos, nosa idea é preguntarnos por que e para que os cineastas actuais reproducen imaxes, encadres, técnicas ou mesmo texturas alleas. Para iso, publicaremos logo da Semana Santa media ducia de artigos que afondarán, entroutros temas, na revisitación do cinema silente, na reinterpretación de personaxes xa existentes e na obra dalgúns dos directores que mellor identifican estas prácticas: Quentin Tarantino, Todd Haynes, Guy Maddin e Nicolas Winding Refn.
Por suposto, atenderemos tamén ás estreas destes meses, lembrarémosvos algún cineasta senlleiro e adicaremos unha reportaxe a outro dos creadores galegos que cómpre seguir nesta tempada. Un número máis, e con este van quince, A Cuarta Parede segue coa súa programación habitual: pinchade entón onde queirades!
Dirección, edición e xestión da web
Víctor Paz Morandeira
Iván Villarmea Álvarez
Deseño da cabeceira
Paulino Vilasoa Boo
Consello de redacción
Eloy Domínguez Serén
Iván G. Ambruñeiras
Horacio Muñoz Fernández
Escriben neste número
María Soliña Barreiro
Luis Betrán
Paulo Cunha
Blanca García
Óscar Iglesias
Víctor Paz Morandeira
Julio C. Piñeiro
Nicolás Ruiz
Pablo Taboada
Iván Villarmea
CONTACTO
info@acuartaparede.com
Textos publicados neste número:
Pantallas:
ANNA KARENINA, de Joe Wright, por Luis Betran
SPRING BREAKERS, de Harmony Korine, por Nicolas Ruiz Jiménez
TORRES & COMETAS, de Gonçalo Tocha, por Paulo Cunha
BARBARA, de Christian Petzold, por Debora García
JAGTEN, de Thomas Vinterberg, por Debora García
THE FORGOTTEN SPACE, de Allan Sekula & Nöel Burch, por Debora García
É O AMOR, de João Canijo, por Daniel Ribas
Panorámica:
A MELANCOLÍA DO SILENCIO E A IMPOSÍBEL RENUNCIA POSTMODERNA Á VOZ, por María Solinha Barreiro
O PASADO: O ETERNO RETORNO DO MESMO, por Horacio Muñoz Fernández
CALIGRAFÍAS CINEMATOGRÁFICAS, por Iván Villarmea Álvarez
QT: MASH-UP MASTER, por Víctor Paz Morandeira
GUY MADDIN: MÍMESE E AUTOFICCIÓN, por Iván Villarmea Álvarez
NICOLAS WINDING REFN, RA E ESCORPIÓN, por Pablo González Taboada
Zoom in:
PdV 2013. O TIGRE ARRECENDE A DINAMITA, por Víctor Paz Morandeira e Iván Villarmea Álvarez
PdV 2013: SOSPEITOSOS HABITUAIS, por Víctor Paz Morandeira e Iván Villarmea Álvarez
EDUARDO COUTINHO: A ARTE DO ENCONTRO, por Iván Villarmea Álvarez
“O OBXECTIVO DO CINEMA É ACHEGARSE Á BELEZA”, por Víctor Paz Morandeira
Found Footage:
SATYAJIT RAY. O RAY GRANDE, por Luis Betran
Contracampo:
HISTORIA E PANTASMAS NO CINE PORTUGUÉS CONTEMPORÁNEO, por Horacio Muñoz Fernández
HEISE, FRAGMENTOS DA RDA, por Víctor Paz Morandeira
PLAY-DOC 2013: RETORNO AO FOGAR, por Miguel Blanco Hortas
FALAR SOBRE ‘FÓRA’ PARA FALAR SOBRE CONXO, por Monica Gorenberg
Moviola:
“É ALUCINANTE COMO PODEN ANESTESIARSE AS LEMBRANZAS”, por Arturo Losada