Número 17

O premio para Lois Patiño no pasado Festival de Locarno como mellor cineasta emerxente pola súa longa Costa da Morte (2013) situou unha vez máis ao Novo Cinema Galego no mapa cinéfilo internacional. Mentres agardamos pola súa chegada ás nosas pantallas, dende A Cuarta Parede propoñemos neste número unha reflexión sobre a escena cinematográfica nacional que vaia, por unha vez, alén das dúas actitudes habituais -case ‘oficiais’- que tódolos críticos adoptan cada vez que se fala de cinema galego: dunha banda, o rigoroso rexistro historiográfico, onde o importante é a mera existencia de calquera actividade cinematográfica no país; e doutra banda, o proselitismo irracional e desaforado, esa necesidade imperiosa de falar moito e ben de todo o que se faga por estes lares para tentar darlle visibilidade e así reclamar a axuda, o apoio e a atención duns políticos que sempre andan noutra.

Desque Xosé Lois Pérez Cid declarou en 1973, na I Semán do Cine de Ourense, que “o cinema galego é a consciencia da súa non existencia”, a produción audiovisual autóctona experimentou unha chea de fases -o cinema amador, o vídeo dos oitenta, o cinema das autonomías, a eclosión do audiovisual, a aparición do novo cinema galego, etc- que deixaron tras de si un inxente patrimonio cinematográfico que arestora hai que pensar en termos estéticos. Para iso, cómpre atopar unha posición intermedia entre o rexeitamento cara aqueles títulos que non cumpren uns estándares mínimos de calidade e a euforia desmedida cada vez que aparece un filme á altura das mellores obras do panorama internacional. Nesas estamos, entre o autoodio e a fachenda. Mais, cales serían as pezas que poderían formar un canon para o cinema galego? Cal sería a relación do actual Novo Cinema Galego con esa liñaxe? E, sobre todo, que é o que contan todos estes filmes sobre Galicia, sobre a sociedade galega, sobre a identidade galega?

Para responder a estas e a outras preguntas tentamos organizar unha enquisa na que lle preguntabamos a cincuenta persoas do sector -nomeadamente críticos, cineastas e programadores- polos filmes que consideraban máis relevantes do cinema galego, coa esperanza de descubrir así, a través dos resultados, esa liñaxe. A proposta, por desgracia, ficou somentes en proposta, porque desas cincuenta persoas só once enviaron os seus votos, e moitas máis declinaron participar na enquisa argumentando ‘motivos persoais’. Velaquí deixamos, a xeito de exemplo, a resposta máis sincera, correcta e sintética de tódalas que recibimos:

Agradezo moito o convite, mais vou declinar participar na votación. Os motivos son, principalmente, o posíbel conflicto de intereses por ter moitos amigos implicados e, sobre todo, porque descoñezo bastante a producción de anos anteriores ao 2008 e coido que a miña listaxe estaría inxustamente focalizada nos últimos cinco anos

Así son as cousas. A xente que mellor podería falar do tema non quere facelo ou non sabe como, ben sexa porque ten demasiados amigos susceptíbeis no sector, cousa que alerta dunha perigosa endogamia, ou ben porque non se atreve a emitir un xuízo estético sobre o pasado, cousa que delata un exceso de indulxencia ou, peor, un descoñecemento estrutural desa tradición que se promociona de xeito sistemático. En fin. Era verán. A xente estaba de vacacións, lonxe do computador, lonxe da súa mesa de traballo. E as listaxes, a fin de contas, son unha parida que, no mellor dos casos, serve para organizar o pensamento. A enquisa ficou daquela como unha leria entre amigos da que aínda se poden tirar conclusións interesantes, mais con enquisa ou sen ela, este novo número d’A Cuarta Parede chega coa vontade de pensar o cinema galego dende un punto de vista estético que non caia nas mesmas obviedades de sempre.

Botádelle entón unha ollada a esta panorámica ateigada de críticas, entrevistas e artigos sobre o vello e o novo cinema galego, á que acompañan, como de costume, unha chea de textos sobre a actualidade cinéfila, dende as crónicas do PIFAN (Puchon International Fantastic Film Festival) até un novo procesos adicado a Alberto Gracia, que a finais de outubro levará O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser (2013) á Viennale. Seguide lendo aquí e acolá, que isto só é o comezo: tendes outro número enteiro por diante, e con este cumprimos os dezasete!

Dirección, edición e xestión da web

Víctor Paz Morandeira

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Horacio Muñoz Fernández

Escriben neste número

Iván G. Ambruñeiras

Pablo Cayuela

Débora García

María García

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Víctor Paz Morandeira

Horacio Muñoz Fernández

Raquel Schefer

Iván Villarmea

Colaboran neste número

Miguel Castelo

Eloy Domínguez Serén

Xan Gómez Viñas

Manolo González

Alberto Gracia

Ramiro Ledo Cordeiro

Marcos Nine

Martin Pawley

Julio Vilariño Cabezas

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Textos publicados neste número:
Pantallas:

GLORIA, de Sebastián Lelio, por María García

LA HERIDA, de Fernando Franco, por Iván Villarmea Álvarez

THE ACT OF KILLING, de Joshua Oppenheimer, Christine Cynn & Anonymous, por Debora García

LA VIE D’ADÈLE, de Abdellatif Kechiche, por Laura Montero Plata

Panorámica:

VOTACIÓN CINEASTAS GALEGOS, por A Cuarta Parede

VOTACIÓN FILMES GALEGOS, por A Cuarta Parede

UN CANON PARA O CINEMA GALEGO, por Iván Villarmea Álvarez

A CUESTIÓN DA IDENTIDADE NO NOVO CINEMA GALEGO, por Iván Villarmea Álvarez

“FACER CINEMA, RODAR, É SUFRIR; UN DESACOUGO PERMANENTE”, por Víctor Paz Morandeira

“DIRIXIR É COMO TOCAR UN INSTRUMENTO. OU PRACTICAS, OU ESQUÉCELO”. ENTREVISTA CON FRANCISCO RAÑAL, por Arturo Losada

Zoom in:

SOBRE A OBRA PAISAXÍSTICA DE LOIS PATIÑO, por Horacio Muñoz Fernández

SITGES 2013 (1/4): WE ALL DIE IN THE END, por Víctor Morandeira

SITGES 2013 (2/4): QUE A VERDADE NON CHE ESTRAGUE UNHA HISTORIA, por Víctor Morandeira

SITGES 2013 (3/4): METACINE E XÉNERO, por Víctor Paz Morandeira

SITGES 2013 (4/4): POLÍTICA, POÉTICA, PROBANDO, por Víctor Paz Morandeira

“É BONITO PENSAR SOBRE O ACTO DE FILMAR COMO UNHA RESPOSTA ÁS DINÁMICAS DO MOMENTO NO QUE FILMAS” ENTREVISTA CON JP SNIADECKI (1/2), por Pablo Cayuela, Iván G. Ambrunheiras e Xan Gómez Vinhas

“AS NOSAS INFLUENCIAS FÓRONSE AFASTANDO CO TEMPO DUN TIPO DE DOCUMENTAL MÁIS CONVENCIONAL” ENTREVISTA CON JP SNIADECKI (2/2), por Pablo Cayuela, Iván G. Ambrunheiras e Xan Gómez Vinhas

Found Footage:

CLAUDE LANZMANN: VOLVER A ‘SHOAH’, por Iván Villarmea Álvarez

Contracampo:

ALBERT SERRA (LA NOVEL·LA, NO EL CINEASTA), por Horacio Muñoz Fernández

UN DÍA NA RODAXE DE ‘LAS ALTAS PRESIONES’ DE ÁNGEL SANTOS, por Víctor Paz Morandeira

Moviola:

PROCESOS#17 – RAMIRO LEDO, por Raquel Schefer

Comments are closed.