Número 28

Ante unha cita tan importante como a do 20-D, na que nos xogamos o futuro político dos próximos catro anos, dende A Cuarta Parede preguntámonos como o goberno que saia elixido das urnas poderá influír no sector cinematográfico, coas súas políticas públicas.

O cinema, por non falar da cultura en xeral, é un tema que adoita estar ausente nos debates televisivos, que rara vez se menciona nos artigos de opinión durante as campañas, e que non ocupa dende logo un lugar de gran importancia no programa de calquera partido. Pero aí están, distintas formas de achegarse a un mesmo tema, que de seguro nos afectarán como sector. Por iso saímos á procura dos responsables das áreas de Cultura de cada partido a nivel estatal, para que nos explicasen que plans teñen para o cinema.

A Academia Galega do Audiovisual tivo unha idea semellante á nosa, e por iso organizou un debate entre as forzas políticas galegas, sobre a cuestión. A moderadora dese encontro, Irene Lourido, aceptou contárnolo en crónica, para que quede recollido para todas as nosas lectoras.

Dada a dificultade de resposta por parte de algúns representantes políticos, quixemos comparar, ante este silencio, o que se di nos programas dos principais partidos.

Estas tres ideas compoñen os artigos desta nosa nova Panorámica, do número 28 d’A Cuarta Parede. Trasladando as ideas, sen vontade algunha de inxerencia, como único obxectivo de suscitar o debate e a reflexión. O día 20 temos unha cita coas urnas. Se estás polo cinema, se cadra pode que che interese ler estes artigos antes de preparar a túa papeleta.

Esta número verá, ademais, unha pequena restruturación nas seccións da revista, e inaugura unha nova etapa, na que Alba Cambeiro e Brais Romero se incorporan ao equipo de edición da mesma. Como na política, renovarse ou morrer, para manter vivo o espírito do noso credo.

Dirección, edición e xestión da web

Alba Cambeiro

Víctor Paz Morandeira

Brais Romero

Iván Villarmea Álvarez

Deseño da cabeceira

Paulino Vilasoa Boo

Consello de redacción

Eloy Domínguez Serén

Iván G. Ambruñeiras

Xan Gómez Viñas

Laura Montero Plata

Horacio Muñoz Fernández

Colaboran neste número

Hugo Amoedo

Alba Cambeiro

Oriol Díez Ferrer

Irene Lourido

Esther Miguel Trula

Víctor Paz Morandeira

Álex Pérez Lascort

Tito Rodríguez

Brais Romero

José Manuel Sande

CONTACTO

info@acuartaparede.com

Textos publicados neste número:
Pantallas:

FRANKENSTEIN 04155, de Aitor Rei, por Brais Romero Suárez

MIA MADRE, de Nanni Moretti, por Alba Cambeiro

O FILLO DE SAÚL, de László Nemes, por Víctor Paz Morandeira

THE ASSASSIN, de Hou Hsiao-Hsien, por Julio Vilariño Cabezas

PHOENIX, de Christian Petzold, por Iván Villarmea Álvarez

MAD MAX. FURY ROAD, de George Miller, por Iván Villarmea Álvarez

LA LOI DU MARCHÉ, de Stéphane Brizé, por Adrián Abella

EL CLUB, de Pablo Larraín, por Alba Cambeiro

Panorámica:

AS POLÍTICAS AUDIOVISUAIS ANTE O 20-D: UN DEBATE DENDE GALICIA, por Irene Lourido

CARA O 20D, POLÍTICAS CINEMATOGRÁFICAS, por Alba Cambeiro

E O CINEMA NO 20-D? OS PARTIDOS RESPONDEN, por Víctor Paz Morandeira

SOBRE O NEW TURKISH CINEMA, por Alba  Cambeiro

Zoom in:

O MELLOR DE 2015, por A Cuarta Parede

PATRICIO GUZMÁN. CRÓNICA DUNHA VIAXE, por David Varela

Found Footage:

PETER TSCHERKASSKY: MESTRE DA METRAXE ATOPADA, por Víctor Paz Morandeira

Circuíto:

FESTIVAL DE CINEMAS ALTERNATIVOS E INDEPENDENTES EN BARCELONA, por Oriol Díez Ferrer

FICX 2015: UN MODELO CONSOLIDADO, por Tita Barreiro

MÁRGENES 2015: NOVAS FORMAS DE OLLAR, por Brais Romero Suárez

LAS PALMAS 2016, por Alba Cambeiro

“A SENSACIÓN DE ESTAR ALÍ” COA “CÁMARA QUE VAI A TODAS PARTES”, por Oriol Díez Ferrer

Comments are closed.