Número 34
Cando Jack Burnham definiu en 1968 o termo “cinema expandido” no seu libro Más allá de la escultura moderna, pretendía reivindicar todas as prácticas artísticas que racharan cos límites convencionais da institución artística. Seguindo esta tradición, dous anos despois, nun volume titulado Cine expandido, Gene Youngblood poría o acento sobre o estado de percepción, asumindo que toda peza do que el chamou “cinema expandido” debera ofrecer ao espectador unha sorte de emancipación social respecto da forma de mirar.
Que o cinema expandido supera as barreiras da pantalla tradicional semella estar claro, mais ás veces confúndese case coma sinónimo do cinema en directo (live cinema) ou da simple performance con proxección. Que á arte e que non? Acaso é unha pregunta xa pertinente?
Alén das súas tipoloxías, este tipo de cinema está a ser cada vez máis unha constante nos festivais de todo o mundo, con seccións dedicadas aos desbordamentos da pantalla. Foi esta palabra a que usaron no noso benquerido certame coruñés (S8) para se referir a esta práctica dende a primeira edición. Van facer oito anos e cando comezaron parecían ser dos poucos ou os únicos en España interesados nestes asuntos. Hoxe, a proliferación deste tipo de proxeccións obríganos a pararnos un momento para reflexionar sobre como o concepto está a evolucionar agora que está en boca de todos, porque, admitámolo: o cinema expandido e o feminista volvéronse trendy en 2016 (por fin, louvadas sexan Stan van der Beek e Laura Mulvey).
Ao segundo pode que dediquemos outro número, mais de momento pareceunos que recoller o que se falou ao respecto do cinema expandido na mesa redonda organizada en L’Alternativa coa participación de CAMIRA na súa pasada edición, era un bo xeito de comezar este primeiro número de 2017. Regina Khanipova cóntanos o que alí se debateu, que moito ten que ver con esa emancipación da ollada da que falaba Youngblood.
Acompañamos este artigo con outros recuperados do noso arquivo, que pensamos poden estar de novo de actualidade ao traelos aquí a colación. Seguiremos publicando nas próximas semanas reflexións en torno a este concepto, por parte de programadores, críticos, artistas e cineastas. Tamén recuperaremos algúns dos nomes máis soados desta práctica cinematográfica, no afán de poñelos en valor.
E, xunto a esta columna vertebral, iremos por primeira vez á Berlinale, e tocará un ano máis estar noutros certames próximos como Play-Doc ou Punto de Vista.
Notariades ademais que o noso logo mudou. Xa había un tempo que queriamos darlle un lavado de cara ao noso cabezallo. A oportunidade ideal preséntasenos agora que A Cuarta Parede encara unha nova etapa, na que tamén será produtora cinematográfica, facéndose cargo da primeira longametraxe de Álvaro Fernández-Pulpeiro, Nocturno: un poema de mar en porto. Estade atentas, que daremos máis novidades en breve.
Logo dun par de meses de repaso do mellor de 2016 en modo vacacional, retomamos o ritmo. Que non paren as sesións, expandidas e desbordadas.
Dirección, edición e xestión da web
Alba Cambeiro
Víctor Paz Morandeira
Brais Romero Suárez
Iván Villarmea Álvarez
Deseño da cabeceira
Federico Scudeler
Consello de redacción
Eloy Domínguez Serén
Iván G. Ambruñeiras
Xan Gómez Viñas
Laura Montero Plata
Horacio Muñoz Fernández
Colaboran neste número
Francisco Algarín
Blanca García
Regina Khanipova
Arturo Losada
Luis Macías
Víctor Paz Morandeira
Tito Rodríguez
Brais Romero Suárez
Ángel Rueda
Iván Villarmea Álvarez
CONTACTO
Textos publicados neste número:
Pantallas:
SHORT STAY, de Ted Fendt, por Brais Romero Suárez
SAFARI, de Ulrich Seidl, por Sergio de Benito
Panorámica:
L’ALTERNATIVA: O CINEMA EXPANDIDO COMO RESISTENCIA Á IMPOSICIÓN DOS MODOS DE VER, por A Cuarta Parede
Zoom in:
ALBERT SERRA: “SON O MELLOR MONTADOR DO MUNDO. UN DIRECTOR DOS CINCO MELLORES. UN PRODUTOR NORMAL. E UN GUIONISTA BO”, por Brais Romero Suárez
Contracampo:
A GALERÍA NO PAPEL. RESEÑA DE ‘LABORATÓRIO CINEMÁTICO. SOLAR, 10 ANOS’, por Iván Villarmea Álvarez
DISIDENCIA: CARA UN NOVO CINEMA POLITICO, por Hugo Amoedo
Circuíto:
BERLINALE (1/2): COMUNIDADE E RESISTENCIA, por Víctor Paz Morandeira
BERLINALE (2/2): ESTIU 1993 E OUTRAS HISTORIAS FAMILIARES, por Víctor Paz Morandeira
CARLA SIMÓN: “A MIÑA NECESIDADE DE FACER CINE XURDIU DAS HISTORIAS TAN INTENSAS DA MIÑA FAMILIA”, por Víctor Paz Morandeira
PUNTO DE VISTA 2017: A FAMILIA BEN, GRAZAS, por Víctor Paz Morandeira