Número 5
O maior logro das mobilizacións cidadás dos últimos meses está a ser, como acertadamente sinala o noso compañeiro Iván Villarmea neste número, o de devolver o debate político á esfera pública, tanto física como conceptual, contribuíndo á ocupación do espazo mediático por discursos contestatarios e alternativos ao oficial. Coa intención de abrazar ese mesmo espírito, dedicamos a sección Panorámica a analizar, desde múltiples perspectivas, aquelas propostas audiovisuais máis estreitamente comprometidas coa defensa dos dereitos das clases obreiras e populares.
Así, presente e pasado recente dánse a man nun estudo que nos leva, a través da resistencia audiovisual, desde as loitas do movemento 15-M ou a valente experiencia da Casa das Atochas (atención á nosa sección Procesos), ata as principais propostas militantes do cinema español durante a década de 1970. É dicir, durante a agonía do nocivo franquismo e os turbulentos anos de transición democrática. Daquela mesma época tamén rescatamos no noso Found Footage a obra do cineasta italiano Francesco Rosi, o “poeta da coraxe cívica”. E preto, moito máis preto, facémonos eco das demandas máis urxentes dos nosos irmáns portugueses a través da triloxía de Fontainhas, de Pedro Costa. Todo isto acompañado de dúas retrospectivas entorno ó cinema político máis suxerinte nos ámbitos da ficción e a non ficción.
Dirección, edición e xestión da web
Eloy Domínguez Serén
Víctor Paz Morandeira
Deseño da cabeceira
Paulino Vilasoa Boo
Consello de redacción
Iván G. Ambruñeiras
José Manuel Sande
Horacio Muñoz Fernández
Iván Villarmea
Escriben neste número
Aurelio Castro
Paulo Cunha
Eloy Domínguez Serén
Sofía Ferrero Cárrega
Arturo Losada
Laura Menéndez
Horacio Muñoz Fernández
Víctor Paz Morandeira
Iván Villarmea
Tradutores
Noemí Alonso Rodríguez
Gonzalo Corral
Rocío Fernández Portas
Ana Gil Poisa
CONTACTO:
info@acuartaparede.com
Textos publicados neste número:
Pantallas:
PHANTOM LOVE, de Nina Menkes, por Laura Menéndez
ESSENTIAL KILLING, de Jerzy Skolimowski, por Eloy Domínguez Serén
THE YELLOW SEA, de Na Hong-jin, por Sofía Ferrero Carrega
THE TREE OF LIFE, de Terrence Malick, por Víctor Paz Morandeira
Panorámica:
RECONFIGURACIÓNS DO CINEMA POLÍTICO, por Horacio Muñoz Fernández
ALBANELERÍA DA ESCENA EN FONTAINHAS, por Aurelio Castro
IMAXES DE PROTESTA, PROTESTA DAS IMAXES, por Iván Villarmea Álvarez
COMBATES MARXINAIS E COMBATES MARXINADOS (Parte I), por Eloy Domínguez Serén
A ESPONTANEIDADE DE OLLAR INDIGNADO, por Arturo Losada
Zoom in:
CINEMA PORTUGUÉS EN 19º CURTAS VILA DO CONDE, COLLEITA 2011, por Paulo Cunha
Found Footage:
FRANCESCO ROSI, POETA DA VALENTÍA CÍVICA, por Víctor Paz Morandeira
Contracampo:
A LIBERDADE DE CHAMAR ÁS COUSAS POLO SEU NOME, por Eloy Domínguez Serén
ENTREVISTA A JOSÉ LUIS GUERÍN (Parte I), por Víctor Paz Morandeira
ENTREVISTA A JOSÉ LUIS GUERÍN (Parte II), por Víctor Paz Morandeira
Moviola:
O CINEMA DAS ATOCHAS, por A Cuarta Parede
PROCESOS 5 – CSO PALAVEA, por Arturo Losada