Número 41
A omnipresencia das redes sociais permitiu o xurdimento de múltiples voces abertas a opinar sobre absolutamente todo. Hoxe a comedia, un xénero que está presente en todas as artes, é analizada e criticada por unha horda de xente que quere poñer portas ao campo. Nós queremos derrubar eses límites, por iso, este número 41 está centrada na clásica arte de facer rir. Na comedia, o máis importante é o timing, adoitase dicir; isto sábeo ben Álvaro Pérez-Dios, que analiza no seu texto a importancia do silencio na comedia. Neste número tamén analizaremos a dous tótems da comedia máis tradicional: Adam Sandler e Will Ferrell. Completaremos esta panorámica cunha ollada ao cinema galego de comedia, da man de Marta Pérez Pereiro.
Ademais, iniciaremos o curso cinematográfico nun dos nosos festivais de cabeceira: Curtocircuito. Alí, teremos a ocasión de revisitar os filmes de Peter Tscherkassky e Laura Huertas Millán, dúas das figuras retrospectivadas nesta décimo sexta edición.
Coa nosa intención de seguir a expandir a revista cara novos camiños, anunciaremos tamén neste mes un novo proxecto comisionado por A Cuarta Parede e realizado coa axuda da Deputación da Coruña do que non podemos aínda contar moito.
Así que deixade a roupa de baño a un lado, e acompañádenos á sala de cinema. Seguimos!
Dirección e xestión da web
Brais Romero Suárez
Edición
Jesús Silva Vilas
Iván Villarmea Álvarez
Deseño da cabeceira
Federico Scudeler
Consello de redacción
Laura Montero Plata
Víctor Paz Morandeira
Marta Pérez Pereiro
Jesús Silva Vilas
María Villamarín
Iván Villarmea Álvarez
Tradución
Óscar Iglesias Álvarez
Colaboran neste número
Sergio de Benito
Clara Coira Suárez
Alberto Hernando
Pedro Mandías Couto
Aldara Pagán
Álvaro Pérez-Dios
Jorge Pérez Iglesias
Marta Pérez Pereiro
Víctor Paz Morandeira
Brais Romero Suárez
Jesús Silva Vilas
CONTACTO
Textos publicados neste número:
Pantallas:
LONGA NOITE, de Eloy Enciso Cachafeiro, por Sergio de Benito
PARASITE, de Bong Joon-Ho, por Gonzalo Ballesteros
ARIMA, de Jaione Camborda, por Sergio de Benito
SI ME BORRARA EL VIENTO LO QUE YO CANTO, de David Trueba, por Brais Romero Suárez
EROSKI PARAÍSO, de Jorge Coira e Xesús Ron, por María Villamarín
Panorámica:
¡SHHHH!, por Álvaro Pérez-Dios
BARRY EGAN OR HOW I LEARNED TO STOP WORRYING AND LOVE ADAM SANDLER, por Álvaro Pérez-Dios
WILL FERRELL E O MAINSTREAM ENTRÓPICO, por Jorge Pérez Iglesias
UNHA CINEMATOGRAFÍA SERIA (I), por Marta Pérez Pereiro
UNHA CINEMATOGRAFÍA SERIA (II), por Marta Pérez Pereiro
Found Footage:
CAMBORDA X ENCISO (I), por Jaione Camborda e Eloy Enciso
CAMBORDA X ENCISO (II), por Jaione Camborda e Eloy Enciso
Circuíto:
CURTOCIRCUÍTO 2019: LAURA HUERTAS MILLÁN: MULLER, NATIVA, OUTRO, por Pedro Mandías Couto
CURTOCIRCUÍTO 2019: RADAR, REVOLUCIÓN, RESISTENCIA!, por Pedro Mandías Couto
SAN SEBASTIÁN 2019: A CABALO GAÑADOR, por Sergio de Benito
CURTOCIRCUÍTO 2019: EXPLORA, PERSOAL ABSTRACCIÓN, por Víctor Paz Morandeira
INTERSECCIÓN 2019: J. P. SNIADECKI, INTERIORIZANDO O REAL. O FILME DESDE A EMPATÍA, por Lara e Noa Castro
SEFF 2019 (I): AUTOFICCIÓNS E PANTASMAS, por Sergio de Benito
SEFF 2019 (II): HETERODOXIA DOCUMENTAL, por Sergio de Benito
MÁRGENES 2019: UN ARQUIVO, DISTINTOS SIGNIFICADOS, por Brais Romero Suárez
DORA GARCÍA: “A MIÑA FORMA DE TRABALLAR É SEMPRE LER MOITO, BUSCAR MOITO EN ARQUIVOS, IR SEMPRE AOS SITIOS MÁIS INSÓLITOS”, por Paloma Hernández
MÁRGENES 2019: EL PRESENTE. NARRACIÓN E VANGARDA, por Alberto Hernando
VER A ESCURIDADE, ESCOITAR O SILENCIO: O CINE MINIMALISTA DE BAS DEVOS, por Diego Aparicio
Moviola:
LIPOVETSKY ET TRUFFAUT: SOBRE A LIXEIREZA E A FELICIDADE, por Nacho Ozores Mosquera
O AUDIOVISUAL DOS MILLENNIALS GALEGOS, por Marta Valverde