Número 42
30 anos atrás, Vigo era o epicentro do que se deu en chamar o “nacemento do cinema galego”. Sempre Xonxa, Continental e Urxa protagonizaban unha xornadas cinematográficas baixo o nome Cinegalicia; xornadas apoiadas por unha política cultural autonómica onde o cinema ocupaba un lugar chave. O evento deu paso á efeméride, e esta deu paso a unha celebración que cada 5 anos era motivo de exposicións ou proxeccións dos filmes participantes. Unha efeméride que, se ben no seu momento foi un punto de cambio e discusión sobre o cinema galego, hoxe non é máis que unha tradición a celebrar que non dista moito de ver The Rocky Horror Picture Show (Jim Sharman, 1975) na noite de Halloween. Cun afán claramente rupturista, A Cuarta Parede, co apoio de Cultura da Deputación de A Coruña, artellou Cinegalicia 2019: unha revisión deses tres filmes desde a perspectiva de xente nacida despois do evento, continuando a estela dunha tendencia sinalada uns anos antes pola xornalista María Yáñez. Este número 42 ten, como é lóxico, a Cinegalicia 2019 como protagonista absoluto.
Porén, tamén faremos o tradicional repaso aos filmes de 2019 coa axuda de todas as colaboradoras que escribiron na revista neste último ano. E, ademais, daremos conta do que puidemos ver en Novos Cinemas, e conversaremos con cineastas como Maddi Barber ou Bas Devos, sen deixar de mirar cara ao cinema que se está a facer en Galicia, concretamente, ao filme Ons de Alfonso Zarauza.
Despedimos o ano coa ledicia de saber que temos por diante un 2020 cheo de proxectos e ideas. Un 2020 no que agardamos que sigades con nós, falando e celebrando o cinema.
Dirección e xestión da web
Brais Romero Suárez
Edición
Jesús Silva Vilas
Deseño da cabeceira
Federico Scudeler
Consello de redacción
Laura Montero Plata
Víctor Paz Morandeira
Marta Pérez Pereiro
Jesús Silva Vilas
María Villamarín
Iván Villarmea Álvarez
Colaboran neste número
Diego Aparicio
Sergio de Benito
Clara Coira Suárez
Sara Donoso
Alberto Hernando
Víctor Paz Morandeira
Laura Ramos Cuba
Noa Castro
Brais Romero Suárez
Jesús Silva Vilas
CONTACTO
Textos publicados neste número:
Pantallas:
THE LIGHTHOUSE, de Robert Eggers, por Brais Romero Suárez
EMA, de Pablo Larraín, por Brais Romero Suárez
O QUE ARDE, de Oliver Laxe, por Sergio de Benito
MARRIAGE STORY, de Noah Baumbach, por Cibrán Tenreiro
ONCE UPON A TIME IN… HOLLYWOOD, de Quentin Tarantino, por Jorge Pérez Iglesias
THE IRISHMAN, de Martin Scorsese, por Iván Villarmea Álvarez
SO LONG, MY SON, de Wang Xiaoshuai, por Jesús Silva
AD ASTRA, de James Gray, por Alberto Hernando
SINÓNIMOS, de Nadav Lapid, por Alberto Hernando
MONOS, de Alejandro Landes, por Brais Romero Suárez
LAS LETRAS DE JORDI, de Maider Fernández Iriarte, por Raquel Besteiro
Panorámica:
O MELLOR DE 2019, por A Cuarta Parede
Cinegalicia 2019:
URXA, de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal, por Jesús Silva
CONTINENTAL, de Xavier Villaverde, por Clara Coira Suárez
SEMPRE XONXA, de Chano Piñeiro, por Anxo F. Couceiro
DESDE SEMPRE XONXA E URXA ATÉ HOXE. HAI POLISEMIA NAS PAISAXES DO NOSO CINEMA?, por Sara Donoso
ATRAVESADAS POLO CINEMA, por Laura Ramos Cuba
Zoom in:
SALOMÉ LAMAS: “ESCOLLO PROXECTOS SEGUNDO A CURIOSIDADE QUE ME PROVOCAN OS LUGARES”, por Andrés F. Albalat
MADDI BARBER: “CREO QUE O CINE PODE XERAR ALIANZAS NO MUNDO RURAL”, por Jesús Silva
Circuíto:
NOVOS CINEMAS 2019: O AMOR DOS PEQUENOS, por Brais Romero Suárez
FIC VÍA XIV. OS TRAZOS DO CINE NOS SEUS PERCORRIDOS, por Noa Castro
BERLINALE 2020: SECCIÓN OFICIAL (1/3), por Jesús Silva
BERLINALE 2020: SECCIÓN OFICIAL (2/3), por Diego Aparicio
BERLINALE 2020: SECCIÓN OFICIAL (3/3), por Diego Aparicio