Galicia, paisaxe de sangue
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual
Premio ao Mellor videoensaio sobre audiovisual galego: Galicia, paisaxe de sangue, de Juan Ares.
Segundo o xurado, “unha obra de valor pola análise que presenta da paisaxe galega como espazo de desenvolvemento de historias no cinema de terror”.
Os premios levan o nome de María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona, 1980), pioneira da crítica cinematográfica en España e figura destacada do xornalismo cultural do século XX. Morales comezou a súa actividade en 1924, asinando baixo un pseudónimo masculino, e chegou a ser a primeira muller en dirixir un xornal de ámbito nacional, La Vanguardia, durante a Guerra Civil Española.
Estes premios contan co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra.