Hipercinema: Queimar ós ollos, romper ós oídos / Revolucionar o mundo

VII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual

Gamer, de Mark Neveldine & Brian Taylor

Gamer, de Mark Neveldine & Brian Taylor

Accésit ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional: Hipercinema: Queimar ós ollos, romper ós oídos / Revolucionar o mundo, de Víctor Soho.

“O capital leva acelerándose nas últimas décadas. Os mass-media contemporáneos levan acelerándose nas últimas décadas. O cinema de masas non é unha excepción. Estes novos modelos de produción proporcionan un espazo perfecto para analizar as contradicións do capital. Loitando contra o desencanto xeralizado, tal vez poidamos atopar nestas novas formas de velocidade cinematográfica algunha fuga, algunha ferramenta ou algunha tendencia que poida resultar liberadora”.

O xurado entregou un accésit na categoría Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional a Hipercinema: Queimar ós ollos, romper ós oídos / Revolucionar o mundo, pola capacidade para a elección e execución de opcións formais non normativas e pola orixinalidade dos desprazamentos intelectuais propostos. O xurado destaca especialmente o carácter anovador, arriscado, libre e provocador dunha proposta cunha importante dimensión política, que denota unha intención e visión claras,  e na que se aliñan forma e contido.

*Estes premios contaron co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra.

**María Luz Morales (A Coruña, 1889 — Barcelona, 1980) destacada escritora e xornalista, foi unha das primeiras mulleres en España en ser directora dun diario estatal (La Vanguardia). Activista feminista, republicana e galeguista, o seu pouso intelectual deixou unha fonda pegada na historia do século XX.

Comments are closed.