Número 44
Sumidos aínda na vertixe deste ano atípico, que pouco a pouco vai chegando ao seu fin, os meses de verán e outono supuxeron unha ventá a unha certa “normalidade”, que nos permitiu retomar unha das nosas actividades favoritas: asistir a festivais de cinema. Foi un ano para poñer en valor a importancia destes espazos nos que compartir e crear comunidade arredor das películas, algo tan necesario nos tempos que vivimos. Despois da cancelación de innumerables eventos debido á crise sanitaria, moitos festivais conseguiron levar a cabo unha nova edición a pesar das dificultades, adaptándose ás limitacións e optando nalgúns casos por formatos híbridos, combinando as actividades presenciais e a programación en liña. Este foi o caso de gran parte dos festivais galegos, que con gran esforzo e adicación conseguiron levantar proxectos fermosos que supuxeron un sopro de aire fresco. Un exemplo de resiliencia e bo facer que ben merece a nosa humilde homenaxe. Por iso, o número 44 de A Cuarta Parede está adicado a todos eles.
A pesar da tardanza, fainos moita ilusión presentar as crónicas dalgunhas das nosas citas habituais, que este ano se desenvolveron en distintas modalidades, con máscaras e distancias de seguridade, pero mantendo a súa esencia e carácter únicos. Neste número, Ester García dá conta do que foi a 15ª edición da MICE en Santiago de Compostela; Víctor Paz achéganos as crónicas transfronteirizas do IndieLisboa e o Play-Doc, mentres que Paloma Hernández debulla o que foi a última edición da Mostra (S8). Tamén temos o pracer de dar a benvida a novas colaboradoras á revista, como Carla B. Miraz, que destaca o máis salientable do Festival Intersección. Ademais, se a situación o permite, volveremos a estar presentes este ano en Novos Cinemas, así como en outros festivais nacionais e internacionais, que seguen traballando con forzas redobradas para poder celebrarse con garantías.
Do mesmo xeito, seguiremos atentos ao incerto calendario de estreas, para reseñar os filmes máis destacables que cheguen ás salas de cinema nos vindeiros meses. Tamén poderedes atopar na nosa páxina os habituais textos de análise, vídeo-ensaios (como o que Nacho Ozores adica á cinta casaca Ayka), entrevistas e moito máis.
Finalmente, este novo número de A Cuarta Parede marca dúas mudanzas importantes. Por un lado, consolídase a nova dirección da revista. Por outro, asentamos un ritmo de publicacións máis acorde aos tempos e ás propias necesidades do noso medio. Como comentamos no número anterior, dende a revista decidimos non sucumbir á dinámica de produción incesante de contidos que se converteu en norma durante os meses de confinamento. Optamos por aproveitar esta época para parar, coller folgos e repensar o lugar que queremos ocupar. Un espazo repousado e acolledor, onde seguir escribindo, falando e lendo sobre cinema, mentres haxa alguén que queira acompañarnos. A porta está aberta.
Dirección
Jesús Silva Vilas
Edición e xestión da web
Brais Romero
Jesús Silva Vilas
Deseño da cabeceira
Federico Scudeler
Consello de redacción
Laura Montero Plata
Víctor Paz Morandeira
Marta Pérez Pereiro
Brais Romero
María Villamarín
Iván Villarmea Álvarez
Colaboran neste número
Carla B. Miraz
Sergio Barral
Sergio de Benito
Cecilia D. Nóvoa
Ester García
Paloma Hernández
Alberto Hernando
Óscar Iglesias Álvarez
Óscar López Iglesias
Nacho Ozores Mosquera
Aldara Pagán
Víctor Paz
Álvaro Pérez Dios
Brais Romero Suárez
Jesús Silva Vilas
CONTACTO
Panorámica:
Pantallas:
My Mexican Bretzel, de Nuria Giménez Lorang, por Cecilia D. Nóvoa
Ons, de Alfonso Zarauza, por Ester García
A media voz, de Heidi Hassan e Patricia Pérez Fernández, por Óscar López Iglesias
O retorno do padawan, por Víctor Paz Morandeira
Zoom in:
Fon Cortizo: “O cinema é unha arte de creación colectiva e eu quería recuperar esa esencia”, por Víctor Paz Morandeira
Tatiana Macedo: “Gústanme as imaxes nas que non sinta o cadrado ou rectángulo, que me proxecten para fóra da imaxe”, por Carla B. Miraz
Heidi Hassan e Patricia Pérez: “Detrás do noso cinema agóchase unha batalla por deter o tempo”, por Óscar López Iglesias
Nuria Giménez Lorang: “Puido comigo a fascinación polas imaxes e a tentación de poder facer con elas o que quixese”, por Cecilia D. Nóvoa
Wong Kar-Wai: A persistencia do trazo dunha bágoa no ceo cambiante de Hong Kong (I), por Cecilia D. Nóvoa
Wong Kar-Wai: A persistencia do trazo dunha bágoa no ceo cambiante de Hong Kong (II), por Cecilia D. Nóvoa
Luis López Carrasco: “Todo relato que un intente desenterrar é unha interpretación en presente que se superpón a relatos previos”, por Víctor Paz Morandeira
Circuíto:
15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección Oficial, por Ester García
Indielisboa 2020 (1/2): Reivindicación da negritude, por Víctor Paz Morandeira
Indielisboa 2020 (2/2): Notas dun festival relaxado, por Víctor Paz Morandeira
Play-Doc 2020: Xeografías humanas, por Víctor Paz Morandeira
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2020: O xardín secreto, por Paloma Hernández
Intersección 2020: Hipocampo e radicalidade, por Carla B. Miraz
Porto/Post/Doc 2020: As pegadas do noso ser (I), por Sergio Barral
Porto/Post/Doc 2020: As pegadas do noso ser (II), por Sergio Barral
REC 2020: Primeiros ollares, por Óscar Iglesias Álvarez
Novos Cinemas 2020: Latexos, por Paloma Hernández
Novos Cinemas 2020: Sección Oficial, por Jesús Silva
Moviola:
AYKA by herself, por Nacho Ozores Mosquera