Número 47
A Academia Galega do Audiovisual leva tempo promovendo a produción de ensaios e videoensaios sobre o audiovisual en lingua galega a través dos Premios María Luz Morales, que en 2022 celebraron a súa sexta edición. Ao longo destes anos, atopamos moitos nomes vinculados á revista entre os gañadores e membros do xurado deste certame. Unha sinerxía natural que facía evidente a necesidade dunha colaboración máis estreita entre A Cuarta Parede e a Academia. Por isto, estamos encantados de anunciar que o Número 47 da revista acolle nas súas páxinas as pezas gañadoras desta última edición.
Pero isto non é todo, xa que este número da revista chega repleto de novidades. Dende A Cuarta Parede sempre apostamos pola exploración e práctica de novos formatos de análise cinematográfica, coa intención de contribuír humildemente a enriquecer o panorama da crítica cultural en galego. Nesta liña de traballo enmárcanse a nosa serie #Procesos ou os diversos videoensaios publicados na revista ao longo dos anos. Despois dun tempo de descanso, neste 2022 retomamos os nosos seminarios de crítica, cuxa última edición se centrou nun dos formatos emerxentes máis consumidos a nivel mundial: os podcasts. Xa podedes escoitar as obras resultantes do I Seminario de crítica en formato podcast, organizado en colaboración co Festival Play-Doc.
Neste Número 47 tamén recollemos as crónicas dalgúns dos nosos festivais galegos favoritos, como o propio Play-Doc ou a recente (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña, que veñen de celebrar a súa primeira edición “pos-pandémica”. Do mesmo xeito, seguiremos dando conta do mellor cinema que chegue ás salas nos meses estivais, que sempre adoitan ser máis tranquilos, e seguiremos publicando todo tipo de textos de análise (como unha retrospectiva de Wes Anderson) mentres preparamos algúns proxectos ilusionantes que agardamos presentar á volta das vacacións. Mentres tanto, grazas por seguir aí e que pasedes un bo verán!
Dirección
Jesús Silva Vilas
Edición e xestión da web
Brais Romero
Jesús Silva Vilas
Deseño da cabeceira
Federico Scudeler
Consello de redacción
Laura Montero Plata
Víctor Paz Morandeira
Marta Pérez Pereiro
Brais Romero
María Villamarín
Iván Villarmea Álvarez
Colaboran neste número
Pablo Aguilar Martín
Denís Area Fernández
Martín Arufe
Carla B. Miraz
Lara Bacelo
Sergio Barral
Alba Barreiro Núñez
Manuel Barreiro Rozados
Sergio de Benito
Severiano Casalderrey
Leyre Estévez Coloma
Eire García Cid
Eloy García Domínguez
Miguel Gómez Abad
Mario Lagoa
Óscar López Iglesias
Xabier Marqués Solla
Lía Marqués Souto
Lautaro Mateo Morales
Luis Míguez Lozano
Nacho Ozores
Aldara Pagán
Víctor Paz
Lía Pérez Barrán
Blanca Piñeiro Torres
Ainhoa Rodríguez
Ricardo Román Losada
Brais Romero
Jesús Silva
Antón Varela
Andrés Vázquez Martínez
CONTACTO
info@acuartaparede.com
Pantallas:
O trio em mi bemol, de Rita Azevedo Gomes
La mala familia, de Nacho Villar y Luis Rojo
20.000 especies de abejas, de Estíbaliz Urresola
Los reyes del mundo, de Laura Mora
El triángulo de la tristeza, de Ruben Östlund
Decision to Leave, de Park Chan-wook
O corpo aberto, de Ángeles Huerta
Panorámica:
Zoom in:
Zaida Carmona: “Paréceme perigoso que se lle esixa a unha ficción representar a todo un colectivo”
Wes Anderson: a depuración dun estilo
Circuíto:
Punto de Vista 2023: Notas para un mundo novo
18.ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Seccións Oficiais
Festival de Málaga 2023: Unha celebración do loito e da perda
18.ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Sección Impropias
Berlinale 2023 (VII): grandes autores fan experimentos
Berlinale 2023 (VI): gran cinema alemán
Berlinale 2023 (V): Lois Patiño reinventa o cinema
Berlinale 2023 (IV): delicada peza de ourive
Berlinale 2023 (III): a historia dun naufraxio
Berlinale 2023 (II): un Henry James contemporáneo
Berlinale 2023 (I): a marea do cinema galego
Intersección 2022: Super 8, formato doméstico
Intersección 2022: Experimentación audiovisual
SEFF 2022 (IV): Cara a outra historia do cinema europeo
SEFF 2022 (III): Lav Diaz, Plan 75 e Aftersun
SEFF 2022 (II): As pantasmas do pasado
SEFF 2022 (I): As películas de outras
Viennale 2022: Saint-Omer, L’envol e All the Beauty and the Bloodshed
Curtocircuíto 2022: Planeta GZ
Locarno 2022: A memoria do cinema
Locarno 2022: Modulacións do real
Locarno 2022: Non é certame para vellos
Locarno 2022: Fantástica lusofonía
Locarno 2022: Un xénero en si mesmo
(S8) Mostra de Cinema Periférico 2022: Xogos, percorridos e pestanexos
Moviola:
A little trip through Corpus Christi
Obradoiro:
Aberta a inscrición para o ‘Seminario de crítica e programación de cinema restaurado’
A Anticrítica do Play-Doc 2022
Play-Doc 2022: O soño dunha tarde de maio
VI Premios María Luz Morales:
Mamasunción. Na xénese dun novo cinema galego
A asimilación do “fantástico” nas prácticas da Escuela Oficial de Cinematografía (EOC)
Sobrevivir ao tempo (unha mirada sobre Vikingland)
Aileen Wuornos presenta: mulleres violentas da posmodernidade cinematográfica