Play-Doc 2022: O soño dunha tarde de maio

Un día en Tui dá para moito. Case trinta graos de temperatura ambiente no exterior e outros tantos de temperatura emocional nun lugar fresco e escuro no que as nosas vidas se converten en cine ou viceversa, dán para moito máis. 

E quen recibe? Pois aqueles que coma nós, adictos á emoción, decidíronse a participar no seminario de creación de podcasts, desexosos de recibir o don da elocuencia cando queren comunicar a paixón polo cine a outros seres similares.

Este ano, o Play-Doc regalounos unha viaxe en alfombra máxica por lugares e historias do mundo que eran quen de merecer a nosa sede de emocións, conducidas polos protagonistas dos seus documentais. 

Unha viaxe que comeza en Galicia e detense nela o tempo necesario, que é moito. As propostas da sección de curtas documentais proxectadas o sábado 7 de maio animaron por fin a falar aos nosos críticos por un día, que sentiron na súa pel a experiencia do reencontro da vida sen máscara, como as dos cineastas que os acompañaron esa tarde. 

E tamén viviron as obras sen artificio de Danny Lyon, que engadiu a perspectiva norteamericana no mundo do abrupto documental social dos anos sesenta, poñendo en primeiro plano a sociedade que todos deberiamos examinar. Unha sociedade influenciada pola política de décadas posteriores como ilustra unha das películas máis relevantes proxectadas no festival, Quen Teme ao Home do Saco, de Helke Misselwitz, que amosa e reflexiona sobre a morte dunha época cun documental filmado na RDA durante o ano 89, xusto antes e que caera o muro de Berlín.

As súas imaxes parecen quedar suspensas no tempo, como unha fotografía en branco e negro ante a que non podemos evitar sentir alegría e nostalxia mesturadas dun xeito case insoportable.

Lía, Blanca, Xabier, Lautaro e Eloy, cinco críticos en zapatillas / espectadores ávidos unidos polo cine no caloroso Tui de principios de maio, compartiron as imaxes, intencións e emocións que só unha boa selección de documentais pode subministrar. 

Toda película dá para unha boa crítica, non todas dan para una crítica amistosa e cun sentido do equipo detrás dela. Como dicimos, a fin de semana deu para moito.

Autores:

Eloy García Domínguez

Lautaro Mateo Morales

Lía Marqués Souto

Xabier Marqués Solla

Blanca Piñeiro Torres

¿Quién teme al hombre del saco? (1989), de Helke Misselwitz

¿Quién teme al hombre del saco? (1989), de Helke Misselwitz

Comments are closed.