Resurrección dixital e ‘deepfakes’. Os desafíos da intelixencia artificial nun audiovisual hiperreal
VIII Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual
Premio ao Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional: Resurrección dixital e ‘deepfakes’. Os desafíos da intelixencia artificial nun audiovisual hiperreal, de Manuel Barreiro.
O xurado cualificouno como “interesante por canto advirte derivadas políticas, económicas, éticas ou ambientais sen caer no derrotismo e con administrada ironía”.
Os premios levan o nome de María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona, 1980), pioneira da crítica cinematográfica en España e figura destacada do xornalismo cultural do século XX. Morales comezou a súa actividade en 1924, asinando baixo un pseudónimo masculino, e chegou a ser a primeira muller en dirixir un xornal de ámbito nacional, La Vanguardia, durante a Guerra Civil Española.
Estes premios contan co apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña, a Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Deputación de Ourense e a Deputación de Pontevedra.