JORIS IVENS: DA PLUMA Ó FUSIL (1927-1933)
Henri Langlois distinguiu a Joris Ivens en 1957 como “o máis grande dos montadores e o máis grande documentalista vivo” (1). Dúas décadas máis tarde Ephraim Katz foi máis aló e sinalouno como “o documentalista máis importante da súa época” (2). A pesar destes eloxios, o propio Ivens definíase simplemente como “un cineasta activista seguindo o movemento revolucionario... Ler máis
Número 2
Adoitan dicir que o segundo número é o máis difícil. O cinema, a vida, púxonolo doado nesta ocasión. Sen pretendelo, semella que dúas liñas están presentes nesta nova andadura d’A Cuarta Parede. Por unha banda, o festival Punto de Vista, ao que dedicamos un especial en Panorámica, volveu incidir en dous aspectos sociolóxicos relevantes que os nosos redactores coinciden... Ler máis
EL ÚLTIMO VERANO, de Jacques Rivette
LOITO E MELANCOLÍA · No cine de Jacques Rivette o teatro convértese nunha casa La bande des quatre (1988) e a casa nun teatro L´amour par terre (1984). O teatro é mecanismo e vía de acceso ao territorio das pantasmas. En 36 vues du Pic Saint-Loup (2009), Rivette cambia o teatro polo circo. A pantomima do circo será o mecanismo axeitado para exorcizar as pantasmas do... Ler máis
CONSTANTES NO CINEMA DE CLAIRE DENIS
Sebastian Scholz e Hanna Surma, no seu estudo Exceeding the Limits of Representation: Screen and/as Skin in Claire Denis’s ‘Trouble Every Day’ (2001)1, identifican tres modos de representación da pel ao longo da historia do cinema. O primeiro deles sería un uso puramente descritivo, para caracterizar a un personaxe en canto a xénero, raza ou idade, típico do... Ler máis
UNA MUJER EN ÁFRICA, de Claire Denis
ESTA TERRA É MIÑA · Nun dos momentos máis belos de White Material, Maria (Isabelle Huppert), empequenecida e ataviada cun estival vestido rosa, queda soa nun campo; coa mirada ladeada a un infinito que semella non atopar. Detrás dela contemplamos un camiño de terra, áspero, que se alonga varios metros cara adiante. O camiño está resgardado por altos arbustos verdes... Ler máis
SECRET REUNION, de Hun Jang
SUTILEZA MALENTENDIDA · Se ben as producións audiovisuais surcoreanas poñen en escena o tema das dúas Coreas con frecuencia, aínda pasa polo costado do eixo temático principal, coma se estivese por situarse no centro, dun momento a outro, pero non sucede. As excepcións serían películas como Lazos de guerra (2004) ou a serie Road Number One (2009) situadas na Guerra... Ler máis
OS DESVELOS DA OLLADA
Na miña primeira visita ao festival de cinema documental Punto de Vista que se celebrou en Pamplona por sétimo ano consecutivo, quíxenme informar primeiro de cales eran as súas sedes, e demais detalles prácticos coma ese, para facerme unha composición do lugar. “Unha sede”, contestoume o meu amigo Joan, xa que é un punto, un punto de vista. Eu creo que as bromas non son... Ler máis
CARLOS, de Olivier Assayas
XEOPOLÍTICA DO TERRORISMO E DA IMAXE TRANSNACIONAL · O ‘trans’ está de moda: transnacional, transxenérico, transmodernidade. Algo ‘trans’ é algo que vai ‘alén de’, un termo que inclúe e supera os conceptos sobre os que se apoia. Por iso, o ‘transnacional’ vai alén dunha única nacionalidade, e o ‘transmoderno’ é aquilo que procede da modernidade... Ler máis
DESVELAMENTOS AUTORAIS: O CINEMA DE MARCEL LOZINSKI
O Play-Doc é entre outras cousas un festival que parece gustar da continuidade. Da presenza de caras e figuras que reaparecen dun ano a outro para seguir afondando na obra de cineastas concretos, algo que se cadra é máis destacable pola reducida dimensión dun festival no que participan poucos filmes en comparación coas programacións xigantescas doutros certames. Por exemplo,... Ler máis
POLÍTICO, POÉTICO, CRIMINAL
Abriuse oficialmente esta sétima edición de Punto de Vista, Festival Internacional de Cine Documental de Navarra, coa presencia do cineasta francés Nicolas Philibert arroupando a presentación en España do seu último filme, Nénette. Durante a súa introdución, Philibert deixounos unha observación que nos vai a acompañar coma un mantra ao longo destas liñas (crónica desigual... Ler máis