IFFR 2013 (BONUS): GRANDES MESTRES… FUTUROS BRILLANTES
E chegamos ao final. Róterdam é moito máis que a súa Tiger Competition, é un punto de encontro para gozar do mellor cinema que deixa o ano anterior e pór as bases da programación de festivais que van celebrarse no ano en curso (probablemente máis pequenos) que veñen pescar aquí a finais de xaneiro para configurar parte das súas grellas. Ollo, porque non son os únicos.... Ler máis
IFFR 2013 (III): SURREALISMO, CRUELDADE E ANARQUÍA… AS CLAVES DO ÉXITO
Cales son as claves do palmarés perfecto? O de Róterdam é un dos festivais máis complicados neste sentido. Aquí non hai un único gañador, non hai premio para o segundo nin mencións especiais do xurado. No certame holandés entréganse tres galardoes idénticos, cada un co mesmo valor económico (15.000 euros). Este ano competiron por un “tigre” un total de 16 películas.... Ler máis
HOLY MOTORS, de Leos Carax
A VIDA INMANENTE Holy Motors é unha película cun marcado ‘pathos’, unha paixón moi densa que apenas deixa espazo ao espectador para padecer, segundo o seu albedrío, as imaxes que se lle presentan –seguramente esa sexa unha das razóns polas que lle é tan doado a Leos Carax irritar ao público (así como aos produtores, visto o que lle custou volver a embarcarse... Ler máis
IFFR 2013 (II): MULLERES DESESPERADAS, ADOLESCENTES CURIOSOS
Son moitos os filmes protagonizados por mulleres que compuxeron a grella da Tiger Competition na 42ª edición do Festival Internacional de Cinema de Rotterdam. Longing for the Rain (Chunmeng, Yang Lina e Tian Yi-yang, 2013) conta a historia dunha ama de casa aborrecida polo seu día a día, insatisfeita sexualmente e cansa do benestar do que goza nunha familia acomodada da China... Ler máis
Xacio Baño: “A vida é moito máis”
Xacio Baño (Xove, 1983) chegou ao cinema “case por accidente”, segundo as súas propias palabras. Debutou en 2009 coa curta Quentefrío, “unha trasnada”, e deixou a súa pegada no audiovisual galego con tres proxectos máis, Relación de acordes (2009), Estereoscopía (2011) e, sobre todo, Anacos (2012), exhibido en máis de trinta festivais, o último o de Clermont-Ferrand,... Ler máis
O GEBO E A SOMBRA, de Manoel de Oliveira
A DERRADEIRA ESPERA Pasa o tempo e a sabedoría do centenario mestre portugués Manoel de Oliveira non decrece un ápice. A vontade de expresión testamentaria hai tempo que perdeu o seu sentido, xa que cada un dos seus filmes conserva ese pouso de obra definitiva, perfectamente acabada, ao tempo que escandalosamente precoz na súa lucidez. Fiel os seus dispositivos narrativos,... Ler máis
IFFR 2013 (I/III): O ANO DO BASTARDO
Que queda cando a sala de cinema acende as luces e a película rematou? Normalmente nada. Nada de nada. Notamos esa sensación de que pasamos noventa minutos fronte á pantalla pensando con todas as nosas forzas ao longo de case medio centenar de proxeccións, cansados pola falta de soño e o exceso de todo o demais. E ao final nada. Hai quen din que lles gustaría vivir nunha película,... Ler máis
CSAK A SZÉL – JUST THE WIND, de Benedek Fliegauf
Atribúeselle a Giacomo Leopardi a seguinte cita: “Non temas nin á prisión, nin á pobreza nin á morte. Teme ao medo”. Como se indica tralos créditos iniciais, Bence Fliegauf inspirouse libremente na vaga de crimes contra familias xitanas que tivo lugar en Hungría en 2008 e 2009. A primeira toma xa é unha premonición: o sol vespertino ocúltase tras uns pastos e dá... Ler máis
SKYFALL, de Sam Mendes
DOBRE ESTUDO DE XÉNERO Medio século de James Bond era algo a celebrar para a lexión de afeccionados ao axente secreto máis famoso da historia do cinema. O agasallo ía chegarlles na forma dun novo filme, ambicioso coma o que máis: Skyfall (Sam Mendes, 2012). Os seus responsables debían contentar, cando menos, a todos aqueles seguidores do Sean Connery máis duro, sofisticado,... Ler máis
FESTIVAIS DE CINEMA: O ESTADO DA CUESTIÓN (e IV)
Cuarta parte Ruptura ou continuidade Josetxo Cerdán: Cando a min me ofreceron a dirección artística de Punto de Vista a oferta foi moi clara: entre tres e cinco anos de prazo. 2013 será o meu cuarto ano á fronte do evento (tres festivais máis un seminario, realizado neste pasado 2012) e o último. O acordo vaise a cumprir daquela segundo o pactado. Sinceramente, para min... Ler máis