Procesos #20 – Miguel Mariño

 “O CINE, NOS MUSEOS, É O IRMÁN PEQUENO” Miguel Mariño (A Coruña, 1977) é un explorador. Anda polo cinema á busca de novos camiños, vieiros polos que nunca camiñara, para ver ata onde é quen de chegar. Entrou no mundo do cinema como produtor, pero non tardou en desenvolver os seus propios proxectos. En 2008 gañou un “inmerecido” Mestre Mateo á mellor obra experimental... Ler máis

VERTICAL CINEMA: SOBRE A PERCEPCIÓN E A REALIDADE DO CINEMA EXPERIMENTAL

Un tende a pensar (e con isto refírome a min mesmo) que todo o relacionado co cinema experimental lexitímase unicamente desde os formatos analóxicos, a química, o uso das ferramentas propias da luz, o celuloide, as emulsións, a prata. Con este prexuízo, e non teño ningún pudor en afirmar que o teño, sentei durante a edición do 2014 do Festival Internacional de Cinema de... Ler máis

MUROS INVISÍBEIS / TRAUMAS INDIVIDUALMENTE COLECTIVOS NO CINEMA DE HIROKAZU KORE-EDA

Disque a vida está construída de tal xeito que ninguén pode vivila só. Por iso, non abonda con que as flores teñan pistilos e estames. Precisan que un insecto ou o vento leve o pole dun estame até o pistilo. A vida contén a súa propia ausencia, o seu propio baleiro, que só pode encher o outro. O mundo é a suma dos demais. Con todo, non sabemos, e tampouco nos contan que... Ler máis

‘POÉTICAS DEL GESTO EN EL CINE EUROPEO CONTEMPORÁNEO’

Hai tempo que unha parte importante do cinema máis avanzado mudou a palabra polo corpo como eixo do seu discurso, de xeito que moitos cineastas actuais non están tan interesados en filmar aos seus actores pronunciando os seus diálogos como en filmar a súa propia presenza física dentro do encadre: neste sentido, os actores son, ante todo, corpos en escena capaces de transmitir... Ler máis

THE GRAND BUDAPEST HOTEL, de Wes Anderson

En Youtube é sinxelísimo atopar multitude de parodias do cinema de Wes Anderson. Hai algunhas moi logradas, coma o falso tráiler que postula en plan what if como sería o reboot da saga fílmica de Spider-Man se Anderson estivese detrás, ou o sketch do Saturday Night Live que presenta “A camarilla de sinistros intrusos a medianoite”, o primeiro slasher film andersoniano.... Ler máis

LES SALAUDS, de Claire Denis

Se algo caracteriza os filmes de Claire Denis é a edición elíptica mailas verbas non ditas, esixindo así un espectador activo e permisivo. Formada xunto a directores do talle de Wim Wenders, a autora francesa constrúe ocos narrativos de xeito voluntario gracias a un escaso diálogo e a imaxes paralelas que bosquexan pouco a pouco a trama. Os saltos temporais fan deste un cine... Ler máis

LARRY GOTTHEIM: MATEMÁTICA POESÍA

Sempre fun da idea de que os mellores poetas son aqueles que teñen un dominio perfecto da rima e a estrutura rítmica das estrofas. Ao igual que cos bos arquitectos, hai nos planos das palabras unha sorte de planificación milimétrica que achega a arte á ciencia. Esta matemática da estética é a que caracteriza tamén a un grande poeta da imaxe, absolutamente descoñecido... Ler máis

PELO MALO, de Mariana Rondón

Ultimamente, as circunstancias xeopolíticas e as tendencias mediáticas ditan que toca falar de Venezuela, e non de Colombia. A pena é que se fala moito pero se di pouco; o debate fica en meras charabiscas e titulares sobre se a poboación non ten papel hixiénico ou se a Maduro se lle aparece un paxariño, mais sen chegar a analizar o chavismo e a súa herdanza en profundidade.... Ler máis

DALLAS BUYERS CLUB, de Jean-Marc Vallée

Nada hai que guste máis a público e crítica que o papel do antiheroe social, epítome de todos os vicios, que se converte na liña torcida que consegue que a historia teña un final recto. A cinematografía está repleta de tales personaxes que fan memorables películas que, nun principio, non pasarían aos anais da sétima arte. Este podería ser o caso de Dallas Buyers Club... Ler máis

“STELLA CADENTE É UN FILME DE ÉPOCA VISTO DENDE UNHA PERSPECTIVA ROCKABILLY E SEXI”

FOTO: Amador Lorenzo

Luís Miñarro (Barcelona, 1949) estreou o pasado 27 de xaneiro no Festival Internacional de Cinema de Róterdam a súa primeira longametraxe de ficción: Stella Cadente. Unha première mundial dentro da Sección Oficial do certame (Tiger Competition) que contou coa presenza de Àlex Brendemühl e Lola Dueñas. O filme abarca o período no que Amadeo Fernando María de Saboia reinou... Ler máis