CARLA ANDRADE: “SEMPRE DEIXO UNHA MARXE PARA O ERRO E A SORPRESA”

Cunha dilatada carreira como fotógrafa, a pesares da súa xuventude, Carla Andrade vai facéndose un oco na listaxe de novos cineastas galegos. Incansable viaxeira, a viguesa prepara o que será o seu primeiro traballo cinematográfico en solitario que a levou de Nepal a Chile e do que puido verse un pequeno adianto o mes pasado no (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña.... Ler máis

EUGÈNE GREEN: “A ÚNICA ESPERANZA PARA EUROPA É ATOPAR A SÚA ESPIRITUALIDADE”

O autor, fotografado ao estilo dos planos dos seus filmes nunha taberna de Alfama (Lisboa). Eugène Green empezou tarde a facer cinema. Viña do teatro barroco, onde a declamación é esencial, e iso trasladouno ás súas películas dende o principio. A palabra xoga un papel importante xa en Toutes les nuits (2001), primeira da serie que fixo con Adrien Michaux, un actor que a moitos... Ler máis

CINEMA EN CURSO, A ASIGNATURA NECESARIA

Hai un par de semanas, no CGAI, os alumnos de catro centros galegos proxectaban os seus traballos. Ese evento humilde, lonxe de ser o clásico acto escolar, converteuse na mostra de catro filmes con mirada propia e criterio estético, e un encontro posterior con referencias pouco comúns mais necesarias. Tratábase das pezas resultantes de Cinema en Curso, un programa de pedagoxía... Ler máis

KEN JACOBS: “AMÉRICA É TAN DECEPCIONANTE!”

“Co 3D podes crear distorsións incríbles”. A (S8) Mostra de Cinema Periférico tense caracterizado dende os seus inicios por traer á Coruña cada ano unha lenda do cinema de vangarda. En seis edicións, a nómina deixa o listón alto: Bruce McClure, Peter Kubelka, Takahiko Iimura… En 2015, decidiron manter o nivel, dedicándolle “a retrospectiva máis ampla xamais... Ler máis

LOOP 2015: NOVO XIRO CINEMÁTICO DA VIDEOARTE CONTEMPORÁNEA

No ámbito do vídeo coñécese como “loop” ao efecto producido cando diriximos a cámara cara un monitor ao que facemos entrar o sinal desa mesma cámara: vén a ser como poñer un espello fronte a outro para ver o infinito. Algo semellante sucede co audio, cando achegamos un micrófono a uns altavoces que amplifican o son captado por ese mesmo micrófono. Xa no proceso de... Ler máis

(RE)DESCUBRINDO A JOHAN VAN DER KEUKEN II

Para introducir esta segunda parte do texto, e antes de proseguir co repaso á extensísima filmografía de Johan van der Keuken, da cal xa desenvolvemos unha grande parte no primeiro capítulo deste artigo, gustaríame incidir nalgúns aspectos, sobre os que xa profundei en maior ou menor medida na primeira parte, mais que son fundamentais para entender o cinema do mestre holandés. Sen... Ler máis

CLOUDS OF SILS MARIA, de Olivier Assayas

Xa que no mundo real nunca sucedeu, imaxinemos que nun universo paralelo houbo un produtor/mecenas que reuniu no mesmo cuarto a dous cineastas moi distintos e lles propuxo rodar un filme a partir dunha mesma idea que cada un debería levar ao seu terreo: unha estrela cinematográfica decide afrontar a súa crise de mediana idade implicándose nun proxecto teatral que lle afectará... Ler máis

‘APPROACHING THE ELEPHANT’ E O DIRECT CINEMA

Cando un entra nunha sala de cinema para ver un filme sobre unha Escola Libre en New Jersey dunha autora norteamericana novel que traballou na produtora fundada polos irmáns Maysles agarda atopar un retrato próximo e revelador no que os protagonistas amosen as súas experiencias, cunha proposta formal que se achegue moito ao estilo de cinema directo dos irmáns Maysles, mais…... Ler máis

Claire Simon: Liberdade e movemento

O que me interesa non é a perfección, senón máis ben a idea de estar á fronte, alí onde todo é incerto, onde se move o mundo Claire Simon A última edición de Play-Doc homenaxeou á cineasta francesa Claire Simon (Londres, 1955) cunha retrospectiva que logo recuperou o CGAI coruñés. A súa presenza en Tui serviu para compartir impresións e dúbidas co público arredor... Ler máis

JAN SOLDAT: “TRASLADAR SEN INTERVIR, QUE CADA ESPECTADOR POIDA POSICIONARSE”

Nota do editor: Esta versión do artigo carece de imaxes a petición expresa do entrevistado. Jan Soldat vén de cumprir a trintena, mais xa conta na súa carreira con máis de 20 películas entre curtas e longas. Como el indica, a súa ferramenta é a honestidade, e con ela adáptase a cada personaxe, sabendo que duración lle pide o traballo, e como abordalo no visual. Porén,... Ler máis