SOBRE O NEW TURKISH CINEMA
A recente transformación da sociedade turca baséase na loita entre varias forzas e intereses. O discurso e a práctica política de Turquía caracterízanse pola polarización, o antagonismo, a normalización da violencia e os nacionalismos étnicos (turcos e kurdos). Ao mesmo tempo este período foi testigo da proliferación de organizacións políticas en contra da militarización,... Ler máis
“A SENSACIÓN DE ESTAR ALÍ” COA “CÁMARA QUE VAI A TODAS PARTES”
Festival Internacional de Cine de Las Palmas 2016 from A Cuarta Parede on Vimeo. A luz, as nubes, o vento, a cidade, o mar. Las Palmas de Gran Canaria coa súa extraordinaria beleza acolleu do 4 ao 13 de Marzo o 16º Festival Internacional de Cine. As musas do arte, o cine, a música, o teatro, a poesía, reunidas nun mundo gobernado por cousas para celebrar, pese a todo, a vida.... Ler máis
LAS PALMAS 2016
“Apostamos por la cultura” Así dicía o logo da televisión autonómica que aparecía antes da proxección das curtametraxes canarias a concurso. Alguén berra, risas na sala, burlas. A nova e prometedora xeración de cineastas canarios amosou as súas obras durante o primeiro fin de semana do festival. Dividido en dúas seccións, longa e curtametraxes, o foco canario permitiu... Ler máis
PATRICIO GUZMÁN. CRÓNICA DUNHA VIAXE
Hai acontecementos na historia do home que marcan e definen con lume o presente e futuro das nacións. Momentos de quebranto nas relacións políticas e sociais que conxelan a vida dos seus cidadáns e mantéñenos inmóviles nese tempo e lugar como memoria paralizadora. Hai homes, tamén, coa perseverancia e obstinación, coa ética e a responsabilidade necesarias como para transformar... Ler máis
EL CLUB, de Pablo Larraín
Con iluminación fría e música lenta Pablo Larraín preséntanos en menos de tres minutos os personaxes mailo escenario onde se desenvolverá este escuro filme. Un home xoga á beira do mar co seu can, unha muller frega o patio, o interior dunha lúgubre vivenda, miradas tristes, e miradas cansas. Catro sacerdotes e unha monxa viven nunha pequena casa nunha vila á beira do mar.... Ler máis
LA LOI DU MARCHÉ, de Stéphane Brizé
O director francés Stéphane Brizé, a través dun cinema íntimo, sen efectos nin adornos, un cinema ausente de luz artificial e música trasládanos dun xeito moi realista a una situación non moi lonxana da realidade económica actual, un drama social causado pola crise. De feito, atreveríame a decir que consigue levarnos ao punto máis abominable dos problemas do presente,... Ler máis
MAD MAX. FURY ROAD, de George Miller
Sede testemuñas. Poucas veces un filme apaña semellante consenso. Pasou con Boyhood (Richard Linklater, 2014) hai un ano, e pasa agora con Mad Max. Fury Road (George Miller, 2015): saltou dun gran festival (Cannes) ás pantallas de medio mundo, e dende aló ás listaxes dos críticos (Cahiers du Cinéma, Sight & Sound, Film Comment, Caimán. Cuadernos de Cine, A Cuarta Parede,... Ler máis
PETER TSCHERKASSKY: MESTRE DA METRAXE ATOPADA
Primeiro había escuridade e xurdiu a luz. Con estes dous elementos, Peter Kubelka lograba conectarnos coas nosas orixes primixenias nun filme tan primario como Arnulf Rainer (1960), obra mestra de todo un movemento de artistas de vangarda austriacos – a primeira xeración – que deixarían fondas pegadas no cinema do seu país, hoxe en día á cabeza deste tipo de películas.... Ler máis
PHOENIX, de Christian Petzold
Nós non vimos ren en Berlín, en 1945. Non estabamos aló. Non naceramos sequera. Mais si que vimos Die Mörder sind unter uns (Wolfgang Staudte, 1946), Berlin Express (Jacques Tourneur, 1948) e Germania anno zero (Roberto Rossellini, 1948), entroutros trümmerfilm, filmes das ruínas rodados en pleno entullo da posguerra. Vimos a súa reconstrución, nada compracente, en Die... Ler máis
THE ASSASSIN, de Hou Hsiao-Hsien
Hou Hsiao-hsien volve ao cinema oito anos despois da súa anterior longametraxe. Atendendo á produción do director nestes derradeiros quince anos atopamos puntos de contacto cos filmes anteriores, xa que A asasina (2015) recupera a ambición formal de dúas obras tan pretenciosas como Millennium Mambo (2001) e Tempos de amor, xuventude e liberdade (2005), supón unha homenaxe... Ler máis