FICXIXÓN 2017: NOVA ETAPA (II/II)

(Vén de aquí) Pero volvendo ás seccións competitivas, houbo máis filmes a destacar. Os premios ás interpretacións foron representativos da oficial e destacaron dúas das propostas máis estimulantes. Lucky (John Carroll Lynch, 2017) e En la playa sola de noche (밤의 해변에서 혼자, Hong Sang-soo, 2017) deben boa parte do seu éxito aos seus actores protagonistas.... Ler máis

NUMAX E A CUARTA PAREDE AGASALLAN UN DVD/BLURAY DE MIMOSAS

NUMAX e A Cuarta Parede poñen en marcha un concurso para agasallar aos lectores da revista cun exemplar do DVD/Bluray do filme Mimosas (Oliver Laxe, 2017). O filme, gañador no Festival de Cannes no Premio da Semana da Crítica e do Premio Especial do Xurado no Festival de Cine Europeo de Sevilla no 2016, sairá á venda o 13 de decembro cunha coidada edición a cargo de NUMAX.... Ler máis

FIC XIXÓN 2017: NOVA ETAPA (I/II)

Esta crónica será forzosamente parcial e heteroxénea, pois a nosa visita a Xixón deunos para ver algúns filmes en só catro días, dentro dunha selección enorme que dificilmente pode abarcarse a non ser que unha se centre nunha sección en concreto. Non é o caso, tomamos petiscos de aquí e aló, vendo moi bo cine, mais sen poder establecer grandes conexións. Quizais a única... Ler máis

SEFF 2017: LAS NUEVAS OLAS (2)

A sección Las Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla é un dos principais motivos que colocan a este certame como un dos máis enérxicos e audaces do panorama internacional. Nesta segunda (e última) parte da nosa crónica intentaremos conectar algúns dos filmes nos que percibimos certas similitudes conceptuais. En moitas das obras presentes este ano puidemos observar... Ler máis

L’ALTERNATIVA 2017: A RESISTENCIA DOS CORPOS

Taste of cement (Ziad Kalthoum, 2017) A última edición do festival barcelonés L’Alternativa pechou a súa vixésimocuarta edición cun éxito de público e unha coidada mostra dalgunhas das películas premiadas ao longo do ano (en Visions du Reel, Locarno ou o BAFICI), así como diversos focos a cineastas tan necesarios como Deborah Stratmann, Michael Glawogger e Eric Pauwels.... Ler máis

SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (3)

Rematamos a nosa cobertura da Sección Oficial do SEFF 2017 analizando outra das liñas temáticas presentes na súa selección. Neste caso, o conxunto de filmes que imos a tratar xiran arredor do concepto de procura, ben sexa física ou metafórica. Os protagonistas destas obras adoitan ser personaxes ‘incompletas’, que navegan á deriva en busca de algo –ou alguén- capaz... Ler máis

SEFF 2017: LAS NUEVAS OLAS (1)

O cine francés máis refrescante do ano adoita atopar o seu espazo nas Nuevas Olas do Festival de Cine Europeo de Sevilla. Este ano tiña bos representantes: 9 doigts (9 dedos, F.J. Ossang, 2017), Les garçons sauvages (The Wild Boys, Bertrand Mandico, 2017) e Ava (Léa Mysius, 2017). Comenzaremos polas dúas primeiras porque se compararon moito no festival. Ambas as dúas están... Ler máis

SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (2)

Continuamos coa nosa crónica da Sección Oficial do Festival de Cine Europeo de Sevilla, que vén de clausurar a súa décimo cuarta edición. Entre a extensa programación deste ano, que volveu a sobresaír pola súa diversidade e audacia, non puidemos pasar por alto certas liñas temáticas e conceptuais que se entrelazan ao longo de toda a selección. Comunidade e identidade Nesta... Ler máis

LUX FILM PRIZE: CINEMA E IDENTIDADE EUROPEA

© European Union 2017 – Source: EP O Parlamento Europeo vén de celebrar unha vez máis a entrega dun dos galardóns máis singulares do panorama cinematográfico actual: o LUX Film Prize, que este ano foi para a cinta sueca Sami Blood (2016), ópera prima da directora Amanda Kernell. Esta distinción, que acada xa a súa undécima edición, foi creada no ano 2007 coa intención... Ler máis

SEFF 2017: SECCIÓN OFICIAL (1)

Un ano máis, o Festival de Cine Europeo de Sevilla propuxo na súa sección oficial unha selección das películas europeas que marcan a tempada. A Fábrica de Nada (Pedro Pinho, 2017), aquí Giraldillo de Oro, sorprendeu na pasada edición de Cannes, sendo a película máis unanimemente eloxiada pola crítica na Quincena dos Realizadores. Dirixida de xeito cooperativo por Terratreme,... Ler máis