Procesos #29 – Alfonso Zarauza

Seis anos despois da súa última longametraxe, Alfonso Zarauza (Santiago de Compostela, 1973) presenta o seu novo traballo no Festival de Cine Europeo de Sevilla. Ons céntrase nunha parella en crise, interpretada por Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’, que se traslada a pasar o verán na illa titular, onde a chegada dunha estranxeira misteriosa provoca que afloren secretos... Ler máis

LÚA VERMELLA, de Lois Patiño

“Que paz, que horror”, escoitamos de entre o máis profundo do seu ser a un dos aldeáns sobre os que se detén a cámara de Lois Patiño avanzada a metraxe de Lúa vermella (2019), coa que regresa aos ambientes pesqueiros do rural galego nos que rodou Costa da Morte (2013). E aínda que no fondo persegue un misterio similar, suxestionado pola terrible beleza dunha contorna... Ler máis

THE HUMAN VOICE, de Pedro Almodóvar

Vin formigón e plástico e moito vermello, moito vermello.  E presenciei a dor, a desesperación, a rabia, o odio, o amor, a resignación e o esforzo por quererse a unha mesma outra vez e empezar de novo e saír adiante. E sorrín, e púxoseme o corazón brando e atopei o cine, o cine alí dentro metido. E admirei cada plano, e quixen poder parala e volver vela e poñela amodo... Ler máis

VITALINA VARELA, de Pedro Costa

© NUMAX Distribución “Vitalina… Os meus sentimentos. Chegaches tarde, o teu marido está enterrado desde hai tres días. Aquí en Portugal non hai nada para ti. O seu fogar, non é o teu fogar. Volve á túa terra.” Pero Vitalina Varela non volve. Insiste en vivir na casa do defunto Joaquim, o home que a abandonou fai 25 anos. Desta sinxela premisa, a permanencia de... Ler máis

BABYTEETH (O GLORIOSO CAOS DA VIDA), de Shannon Murphy

© Lisa Tomasetti / Avalon A pel é fina cando estás medrando, máis aínda cando tes obstáculos que che impiden expandirte do xeito que te reclama o peito. As cores multiplícanse, esvanecen, xogan. O subconsciente vólvese o máis férreo compañeiro de experiencias. O aire pesa, o tempo pesa, as decisións pesan. “Como amar cando non tes nada que perder?” Esta é a continua... Ler máis

ZOMBI CHILD, de Bertrand Bonello

Á SOMBRA DE TOURNEUR, UNHA NOVA REVOLUCIÓN A obra do francés Bertrand Bonello ten transitado decotío por distintas modulacións do cinema de xénero cunha vontade claramente política e un estilo inmersivo, lonxe porén do expresionismo barroco que abunda nos filmes de terror da actualidade. O último do galo, Zombi Child (2019), responde perfectamente a esta redución da súa... Ler máis

Blanco en blanco, de Théo Court

© Elamedia Estudios “ISTO TEN QUE SER ALGO FERMOSO!” Poucas son as veces nas que a imaxe que clausura unha película queda gravada na retina dos espectadores para a súa posterior reflexión. Con todo, cando isto ocorre, a satisfacción é tal que incluso se esta imaxe resulta desagradable, a valoración da obra tende a ser positiva. Esta é a verdadeira forza da sétima arte... Ler máis

Théo Court: “A cámara fainos reflexionar sobre a nosa posición de testemuñas ausentes”

© Elamedia Estudios Tras meses afeitas á mediación a través de pantallas, entrevistámonos con Théo Court mediante videochamada para charlar sobre a súa segunda película, Blanco en blanco (2019). A cinta levouse dous premios FIPRESCI: un na Sección Orizzonti do Festival de Venecia -onde o realizador se alzou tamén co premio a mellor director- e o outro no Festival da Habana.... Ler máis

NOS DÉFAITES, de Jean-Gabriel Périot

PEDAGOXÍA FÍLMICA REVOLUCIONARIA Hai quen pensamos que algo non vai ben na Quinta República Francesa. Un réxime un pouco caduco cun taboleiro político que treme decotío: un día son os chalecos amarelos, outro a cíclica insurrección de banlieu, ou o baile de apoios a novos ou renovados partidos en cada elección (véxase agora os Verdes, antes Macron, por momentos a Fronte... Ler máis

PAULA CONS: “QUERÍA MOSTRAR QUE ESTAS SEÑORAS MARIÑEIRAS PODEN SER AS PROTAGONISTAS DUN THRILLER”

Entrevista en tempos do coronavirus. Por insistencia deste xornalista, prodúcese en persoa nunha coñecida cafetería compostelá; iso si, máscaras mediante. O encontro é con Paula Cons, que estrea este venres 24 de xullo en Filmin A illa das mentiras (2020), unha ficcionalización do afundimento do Santa Isabel en 1921 na illa de Sálvora, onde unhas mariñeiras salvaron 48... Ler máis