Novos Cinemas 2020: Sección Oficial

Mosquito, João Nuno Pinto

l n’ y aura plus de nuit, de Eléonore Weber © Perspectivefilms O Festival Novos Cinemas de Pontevedra volveu demostrar coa súa quinta edición porque segue sendo unha das nosas citas imprescindibles. Se o ano pasado defendíamos a importancia dos festivais pequenos ante o modelo (moitas veces fagocitario) dos grandes eventos, nesta ocasión volvemos sacar o chapeu ante... Ler máis

Novos Cinemas 2020: Latexos

Anunciaron tormenta (Javier Vázquez, 2020) Xa van cinco edicións do festival Novos Cinemas, e catro anos desde a creación da sección Latexos, un espazo na programación reservado para un tempo máis pausado, orientado á escoita. As obras que deron forma a Latexos desde o seu inicio reverberan na sala para, tras agudizar o oído, “facer latexar rápido o corazón”, invocando... Ler máis

Luis López Carrasco: “Todo relato que un intente desenterrar é unha interpretación en presente que se superpón a relatos previos”

Luis López Carrasco (© Alicia Seoane – DUPLEX Cinema) Luis López Carrasco realizou a que sen dúbida foi a película española de 2020: El año del descubrimiento (para algúns, como eu, simplemente, a película do ano). Documental que parte dun feito como a queima do Parlamento murciano en 1992 tras unha vaga de folgas e manifestacións, motivadas por despedimentos masivos... Ler máis

REC 2020: Primeiros ollares

Mogul Mowgli (Bassam Tariq, 2020) O Festival REC, que se celebra en Tarragona baixo a batuta de Xavier García Puerto, decidiu substituír nesta edición o seu xurado da prensa por un de cineclubes, unha novidade coa que pretendían prestar atención a uns colectivos que cada vez desempeñan un papel máis fundamental na industria cinematográfica. Grazas a este cambio de criterio... Ler máis

Wong Kar-Wai: A persistencia do trazo dunha bágoa no ceo cambiante de Hong Kong (II)

Chungking Express (Wong Kar-wai, 1994) En contraste coa ambigüidade —identitaria e espacial— das películas de Wong Kar-wai ambientadas no Hong Kong dos anos sesenta (que tratamos na primeira parte deste monográfico), os filmes que se sitúan na década dos noventa fano desde unha nova perspectiva, amosando xa unha identidade hongkonesa distinguíbel en personaxes máis activas... Ler máis

Wong Kar-Wai: A persistencia do trazo dunha bágoa no ceo cambiante de Hong Kong (I)

As Tears Go By (Wong Kar-wai, 1988) Coincidindo co 20 aniversario de In the Mood for Love, e con motivo da restauración e reestrea de sete dos seus filmes máis emblemáticos, nun contexto de produción masiva de remakes cinematográficos que buscan o beneficio na comercialización da nostalxia, cómpre falarmos da filmografía dun dos directores que mellor e máis puramente traballa... Ler máis

O mellor de 2020

Sendo fieis o espírito de todos os decembros, A Cuarta Parede volve a preguntarlle ás súas colaboradoras sobre o balance do ano. Porén, neste ano tan estraño decidimos pasar das típicas listaxes do “mellor” para preguntarlles que tal foi o ano para elas en termos de cultura. Non importa se viron dez ou tan só un filme estreado en 2020, se pasaron os días refuxiadas... Ler máis

Nuria Giménez Lorang: “Puido comigo a fascinación polas imaxes e a tentación de poder facer con elas o que quixese”

Após un éxito que non imaxinaba cando atopou anos de filmacións caseiras entre as pertenzas do seu avó, a directora Nuria Giménez Lorang visita Pontevedra no marco do Festival Novos Cinemas, onde quedo con ela para falar sobre a súa primeira longametraxe, a recentemente estreada My Mexican Bretzel (2020), e o seu proceso de creación.  De onde xorde a necesidade de manipular... Ler máis

O retorno do padawan

É ben sabido que 隠し砦の三悪人 (La fortaleza escondida, Akira Kurosawa, 1958) foi unha referencia absoluta para George Lucas á hora de concibir a orixinal guerra das galaxias nos anos setenta. De feito, a estrutura do filme pode case verse como unha adaptación da do nipón, algo que o de California recoñece sen rubor e ata con orgullo. Se Star Wars (George Lucas, 1977)... Ler máis

Heidi Hassan e Patricia Pérez: “Detrás do noso cinema agóchase unha batalla por deter o tempo”

Heidi Hassan e Patricia Pérez, cineastas cubanas, acaban de estrear en salas o seu último traballo, A Media Voz, un documental con formato de correspondencia audiovisual no que abordan a emigración, o desarraigo e os soños frustrados a partir da súa propia experiencia persoal. Neste contexto pandémico, falamos con elas a través dun medio bastante máis inmediato, o teléfono. No... Ler máis