Antoni Muntadas en Intersección: obras e procedementos

A fin de semana do 30 e 31 de outubro Antoni Muntadas viaxou á Coruña para presentar en Intersección un grupo de pezas de vídeo e impartir unha masterclass. Este feito, que un artista pioneiro no país en vídeo independente participe (en persoa) nun festival incipiente galego de arte contemporánea, dános a oportunidade de falar do que podemos sacar do traballo dese artista... Ler máis

FICX 2021: Novo mundo

Vortex, de Gaspar Noé

Zeros and Ones, de Abel Ferrara A finais de novembro, o Festival de Xixón volvía á presencialidade nunha edición que tiña algo de celebración de dúas realidades, de vellos ritos a través de novos costumes: o mundo online, aséptico e virtual veu para quedar e aínda que estivésemos nas salas —protexéndonos tamén da enorme tromba que caeu eses días sobre a cidade—... Ler máis

O rural galego en tres xestos. A sección ‘Escolas: Xatería’ do festival Intersección

Leite. sangue, de Laura MS

Xatería xorde da colaboración entre o festival Intersección e a galería de arte lucense Solaina, nunha chamada a voces de estudantes con traballos en relación co rural dende distintos ángulos. Se o leitmotiv do festival foi “a cidade” e, por conseguinte, a análise e a posta en dúbida do vínculo que partillamos coa mesma, Escolas: Xatería propón unha dicotomía rural-cidade... Ler máis

Festival de Sevilla 2021: Petiscos cinéfilos

Logo dun ano pandémico no que o Festival de Sevilla se fixo só para o público local (alén de actividades online para industria), puidemos volver ás salas nunha edición que estivo moi cargada emocionalmente, pois por fin nos viamos e tocabamos tras ano e medio comunicándonos a través de pantallas. As do cinema déronnos mostra de que a sétima arte goza de boa saúde. É... Ler máis

Libertad, de Clara Roquet

Libertad, de Clara Roquet

© Avalon Os termos relixiosos non adoitan entrar como norma dentro do meu vocabulario habitual, pero falar desta película sen dicir, por exemplo, que é unha bendición e que ten unha pureza ilimitada e cristalina, antóllaseme complicado de base. Clara Roquet desprega en Libertad (2021), a súa primeira longametraxe como directora e guionista, unha delicada e directa caligrafía... Ler máis

Curtocircuíto 2021: Penínsulas, presaxios

Tengan cuidado ahí fuera, de Alberto Gracia

La peli del algoritmo, de Claudia Negro Chegamos ao final da nosa crónica de Curtocircuíto 2021 tralo repaso ás seccións Explora, Radar e Planeta  GZ. Para rematar, centrámonos nalgunhas das curtametraxes que conformaron Penínsulas, a sección que acolle e reivindica algunhas das propostas estatais máis interesantes do ano pasado. Destaca, outra vez, ese contraste entre... Ler máis

Márgenes 2021: Diarios dun posible percorrido

Diarios de Otsoga (Maureen Fazendeiro e Miguel Gomes, 2021) Asumir que, por moi apetecibles que parezan, por moi ben que ulan, os marmelos tamén acabarán apodrecendo esquecidos é unha das leccións vitais que levo deste Márgenes 2021. Unha lección que, entre outras, están agochadas dentro da fermosura que son os Diarios de Otsoga (2021) escritos a dúas mans entre Maureen... Ler máis

A ruleta da fortuna e a fantasía, de Ryûsuke Hamaguchi

A OBRA MESTRA DO CINEASTA DO MOMENTO O nipón Ryûsuke Hamaguchi é posible que sexa un dos realizadores máis prolíficos do panorama actual (con permiso de Hong Sang-soo). Ten só 42 anos e 15 títulos xa na súa filmografía, aínda que só verdadeiramente catro que se movesen a nivel internacional. Fican os outros por descubrir, supoño. O terceiro que nos chega a Occidente... Ler máis

Tres, de Juanjo Giménez 

Tres, de Juanjo Giménez

Juanjo Giménez é un director novel que se sae da regra, non xa polos anos que ten (a idade, para min, poucas veces define algo), senón polo seu traballo na industria, o seu labor como profesor e a experiencia na curtametraxe que atesoura. Xénero que soubo espremer ao máximo, e que o levou en 2016 a ser o primeiro español en gañar a Palma de Ouro do festival de Cannes á... Ler máis

Curtocircuíto 2021: Explora, formas de experimentación

Curtocircuíto deixa reservada a súa sección Explora para as propostas máis experimentais. Este ano levou o premio principal Surviving You, Always (2021), do artista visual multidisciplinar Morgan Quaintance. Trátase dunha colección de fotos fixas, un pouco ao estilo de La Jetée (Chris Marker, 1962), que presenta a historia dun amor adolescente sumido nun mar de drogas psicodélicas,... Ler máis