MEEK’S CUTOFF, de Kelly Reichardt

A FRONTEIRA, A MULLER E O SALVAXE · “A conquista do Oeste é sempre un movemento, o termo western unha dirección” Cleia Cohen O mito da fronteira Ambientada en 1845 en Oregón, Meek´s Cutoff móstranos o errático movemento polo deserto dunha caravana de colonos formada por 7 membros en dirección á terra prometida. Kelly Reichardt recolle e destila todo a épica da conquista... Ler máis

OS FESTIVAIS FRONTE A REVOLUCIÓN DO NOVO PÚBLICO

Cineuropa analiza no seu 25º aniversario os desafíos das mostras ante un “cambio de paradigma” provocado pola transformación da difusión do cinema, a madurez cinematográfica dos espectadores e a crise económica. “Para que ten que servir un festival? Para ver boas películas, si. Pero hoxe en día, para ver boas películas, hai moitas maneiras. Agora, hai moitísimos... Ler máis

MÚSICA CAMPESINA, de Alberto Fuguet

ALL BY MYSELF Música campesina é un filme que ten algo de amargo e irónico en toda a súa metraxe, e que desprende ese sentimento xa no propio título. Tradución mal feita polos ianquis de ‘country music’ para publicitar a Johnny Cash e compañía en Chile, en realidade fai referencia á tradición folclórica do país sudamericano. O seu protagonista, Fernando... Ler máis

ESSENTIAL KILLING, de Jerzy Skolimowski

UN POEMA GLACIAL · Tres estadounidenses armados intérnanse nun labirinto de simas, nalgún deserto cálido e indeterminado. Un home vestido con túnica veos, foxe asustado e refúxiase nunha cova. Non o vemos a el, pero vemos a través del. Vemos o que os seus ollos ven. Arrebata un bazooka a outro home, parece árabe, está morto. O primeiro treme, arquexa, titubea, e, aterrorizado... Ler máis

VIKINGLAND, de Xurxo Chirro

Vikingland (2011) é a creación dun dos axentes culturais e artistas galegos, Xurxo Chirro (A Guarda, 1973), máis activos e, de distintos xeitos, persoal e influínte, nos últimos anos. Chirro ou Xurxo González aparece avalado por unha labor teórica e de xestión, incidencia e animación cultural institucional máis que consistente (experto na obra de Manoel de Oliveira; programador... Ler máis

O CINEMA DE XURXO CHIRRO

 Xurxo González naceu n’A Guarda, en 1973. É licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Historia da Arte pola UNED. Ten unha sólida traxectoria como crítico e investigador do cinema, que desenvolveu en organismos como o Consello da Cultura Galega, o Instituto Cesing ou a Axencia Audiovisual Galega, e en plataformas como Teutubo... Ler máis

O CINEMA DE ÁNGEL SANTOS TOUZA

 (1) Ángel Santos Touza (Marín, 1976) é un tipo discreto, pouco amigo de alardes. Pese aos eloxios que os observadores externos lle dedican ao seu traballo, amósase máis disposto a falar dos seus erros que dos seus acertos, baixo o impulso dun afiado perfeccionismo. É un implacable autocrítico, que o pasa mal ao sentarse a ver os seus filmes, xa rematados, pero iso non... Ler máis

EL NIÑO DE LA BICICLETA, de Jean-Pierre & Luc Dardenne

AS LUCES E SOMBRAS DESTE NOVO NENO O venres 28 de outubro estréase en España a última película de Jean Pierre e Luc Dardenne. Para estes irmáns belgas todo comezou realmente coa selección na Quincena dos Realizadores de Cannes e a concesión da Espiga de Ouro en Valladolid por La promesa (1996), terceira longametraxe de ficción na súa traxectoria logo da “aventura desafortunada”... Ler máis

TEMPO DETIDO. ATALLOS PARA CHEGAR A KELLY REICHARDT

Kelly Reichardt

Cando coñecemos en 2006 a Kelly Reichardt non sabiamos que había ‘outra’ Kelly Reichardt. Old Joy, a pesar do seu título, tiña algo de novo, o nome da súa directora non nos dicía nada e moitos pensamos que se trataba dunha cineasta novel. Non estabamos totalmente equivocados. Pouco teñen que ver esas dúas cineastas que comparten nome, aínda que unha sexa consecuencia... Ler máis

O CINEMA DE PEQUE VARELA

 “CANTO MÁIS PERSOAL E HONESTA É A HISTORIA QUE CONTAS, MÁIS UNIVERSAL SERÁ”  · Peque Varela (Ferrol, 1977), galega afincada en Londres, escolleu para expresarse o camiño do cine de animación. Ten unha produción relativamente escasa ás súa costas, pero  todo o que saíu da súa sala de montaxe logrou cautivar á critica. A curtametraxe que  lle servíu... Ler máis