PLAY, de Ruben Östlund

A QUE XOGA PLAY? Play (2011), o último filme do controvertido director sueco Ruben Östlund, recrea o roubo sufrido por tres mozos brancos a mans de cinco rapaces negros. Esta película, que inflama cuestións relativas á constelación do poder e á construción da identidade nacional, intensifica tamén o debate sobre a responsabilidade na representación do racismo. Ata o de... Ler máis

MICHAEL GLAWOGGER: “OS MEUS DOCUMENTAIS FALAN DA CONDICIÓN HUMANA”

Michael Glawogger (Graz, Austria, 1959) é un dos documentaristas máis interesantes da última década. As súas referenciais Workingman’s Death (2005) e Megacities (1998), centradas no traballo manual en distintas partes do mundo, formaron parte dunha retrospectiva case completa que o festival de Xixón lle dedicou o pasado novembro, incluíndo tamén as súas desatadas... Ler máis

OS FILMES CON MÁIS POUSO DO FIC XIXÓN

O bo de comezar a escribir sobre un festival -e a pensalo, polo tanto- días ou semanas despois de que terminase é que as películas van, aos poucos, recolocándose na nosa memoria. E o curioso é que as que reclaman o seu espazo non sempre son as que máis nos gustaron. Deixando de lado a Sección Oficial, da que xa se encargou o meu compañeiro Pablo Gonzalez Taboada, catro foron... Ler máis

MIA HANSEN-LØVE: “INTENTO FACER IMPRESIONISMO MODERNO”

Para Mia Hansen-Løve (París, 1981), ter actuado na súa tardía adolescencia en dous filmes de Olivier Assayas, un dos tótems do cinema francés contemporáneo, non era suficiente. Con 21 anos, foi redactora de Cahiers du Cinéma, plantando os seus estudos de intérprete. A súa formación humanística, cun máster en filosofía alemá, semellaba dirixila cara un terreo máis... Ler máis

CRÓNICA 49 FICXIXÓN: SECCIÓN OFICIAL

O traballo do crítico está subvalorado. Desde fóra vese coma unha posición cómoda, dando a entender que dá acceso gratuíto a preestreas e pases de prensa en festivais. Pero tamén ten o seu lado malo. É un traballo máis ben solitario, que obriga a visionar cantidades inxentes de películas en tempo récord para logo escribir sobre elas, criticar o traballo alleo coa intención... Ler máis

Crónica 25 de novembro

Dise do FIC Xixón que é o Sundance español, e seguramente os que o defenden levan razón. Habería que precisar que a programación do festival asturiano filtra as propostas máis evidentes e trilladas para escoller as interesantes. Terri, de Azabel Jacobs, é o típico filme de neno gordo con problemas de integración na escola. Engádaselle música indie e planos a ralentí,... Ler máis

Crónica 24 de novembro

Esta mañá, unha entrevista a unha hora mala fíxome perder as sesións de antes da comida. Porén, non podo dicir que non gozara co tolo de Michael Glawogger contándome, entre risas nerviosas, as súas peculiares travesías transnacionais. Se engadimos que Faust e Walk Away Renée son dous peliculóns, podemos falar doutro aproveitado día neste FIC Xixón, que conta nesta edición... Ler máis

Crónica 23 de novembro

Como se poden escribir e dirixir tres marabillosos filmes antes dos 30, e ademais ser intelixente e encantadora? Un minuto de conversa con Mia Hansen-Løve, que irradia unha enerxía e confianza inusitadas, logo de visionar Un amour de jeunesse, a súa última e excelente película, xa me alegran o día, aínda que esta estupenda experiencia vaia seguida de bodrios insoportables.... Ler máis

Crónica 22 de novembro

“Nos debuxos animados, na demolición dun edificio, hai un instante no que a bóla toca a parede e o inmoble aínda está en pé, pero non podemos facer nada contra o derrubamento. É inevitable. Agora estamos nese momento”. Son as palabras do personaxe de Hamish Linklater en The Future, que, como diciamos onte, non é boa, pero deixa caer algunha polo camiño. Estas liñas... Ler máis

Crónica 21 de novembro

Rápido. Rápido. Máis rápido. Son as palabras que se len na parede dunha piscina municipal, colocadas sobre as rúas, nunha das escenas centrais de Iceberg, do español Gabriel Velázquez, coa que vou espertando nesta miña segunda mañá no FIC Xixón. Son verbas que poderían aplicarse á secuencia inicial: a sombra dun coche que acelera por unha estrada ata saír de plano... Ler máis