(S8) Mostra de Cinema Periférico 2024: Á espera dunha imaxe
Turin, de Rhayne Vermette (2015) Unha casa é as ruínas dunha casa, / unha cousa ameazadora á espera dunha palabra. Ao longo da semana, mentres seguía os programas da (S8) Mostra de Cinema Periférico desde a penumbra da miña habitación —outro ano que non me puiden achegar á Coruña, outro ano que perdín a dimensión importantísima da materialidade das películas—, estiven... Ler máis
Play-Doc 2024: Seccións competitivas
Salvaxe Salvaxe, de Emilio Fonseca e Xiana do Teixeiro A última edición do Festival Internacional de Cinema de Tui — Play-Doc marcou un número redondo para o evento: a vixésima edición do encontro de cinema documental abriu as súas portas entre o 1 e o 5 de maio na capital do Baixo Miño. Este aniversario trouxo consigo un recordo das orixes do festival que impregnou toda... Ler máis
Las Palmas 2024 (II): Sensibilidades políticas
Paradise, de Prasanna Vithanage Na primeira parte desta crónica repasabamos as principais liñas de programación do Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria, desde a influencia de Hamaguchi e de Apichatpong á de Oliveira, do cine independente francés ao norteamericano e de alí ao novo melodrama xaponés. Poderiamos continuar así, tendendo pontes entre as... Ler máis
Las Palmas 2024 (I): Sensibilidades contemporáneas
Mãos no fogo, de Margarida Gil Unha das recompensas que ten cubrir un mesmo festival ano tras ano é a ocasión de apreciar a coherencia da súa programación a través do tempo. Sen a servidume a directores reclamo e os síntomas de xigantismo doutros certames, o Festival Internacional de Cine de Las Palmas de Gran Canaria estableceuse durante 23 edicións como un lugar no que... Ler máis
Punto de Vista 2024: Lazos que unen
Retrato de Mondongo, Mariano Llinás O título desta crónica parécenos máis obvio e inevitable que nunca. Lazos que unen non era só o nome do foco dedicado á brillante cineasta estadounidense Su Friedrich –tomado á súa vez dunha das súas obras máis emblemáticas e conmovedoras, The Ties That Bind (1985)–, senón tamén unha boa síntese dos motivos que nos devolven,... Ler máis
19.ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico: Seccións Oficiais
Sesión Inaugural MICE 2024. ‘586 Cantos’. Un ano máis, Santiago de Compostela volveu acoller a MICE (Mostra Internacional de Cinema Etnográfico) do Museo do Pobo Galego, cuxa décimo novena edición tivo lugar entre o 20 e o 26 de marzo. A política e a tensión social a través das pulsións de intereses foron as protagonistas este ano, outorgándonos pezas que non... Ler máis
Katrin Rothe: “O mundo sería un lugar mellor se todos fixésemos no traballo cousas que cremos que son boas para a sociedade”
Podes ler a entrevista orixinal en inglés aquí. A guionista, produtora e cineasta alemá Katrin Rothe foi unha das convidadas destacadas da edición 08 do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra Novos Cinemas, que organizou a primeira retrospectiva en España dedicada á singular obra de Rothe. Ademais de proxectar algunhas das súas obras máis destacadas, como 1917 –... Ler máis
Ángel Filgueira: “Un dos retos do filme foi intentar fuxir dunha imaxe máis pornográfica e así naturalizar un contido que tira moito cara ao sexual”
Ángel Filgueira pechou a oitava edición de Novos Cinemas coa estrea en Galicia da súa primeira longametraxe de ficción, Canto toco un animal, protagonizada por Lidia Veiga, Ánxela Ríos e Xulio Besteiro, e producida por Sétima, a produtora galega fundada por Anxos Fazáns e Silvia Fuentes. Explorando o traballo previo de Filgueira, incluída unha curtametraxe titulada As... Ler máis
Novos Cinemas 2023: Sección Oficial
The Bride, de Myriam U. Birara O peche do ciclo de festivais galegos sempre vai da man de Pontevedra e Novos Cinemas. Nesta edición 08, que se desenvolveu entre o 12 e o 17 de decembro, achegámonos ao Teatro Principal da cidade para seguir unha programación desafiante cos marcos da linguaxe e o encadre, premisa coa que tamén xogou a Sección Oficial. Se hai un fío condutor... Ler máis
Intersección 2023: Virtualidades / Realidades
El auge del humano 3, de Eduardo Williams Intersección celebrou este ano a súa edición número seis. Trátase dun festival novo, impulsado en plena era dixital, e a súa programación asume o reto de pensar os camiños do cine desde unha estrita contemporaneidade. A medida que afondamos na proposta do festival, imos comprendendo que a paisaxe cinematográfica que propón atópase... Ler máis







