O TERROR BUSCA PSICANALISTA
Animada polo fetichismo da data (2012) e unha proliferación cuantiosa de películas con motivos apocalípticos na produción cinematográfica mundial do último lustro (con igual recorrencia no cinema de xénero e no de autor), o Festival Internacional de Cinema Fantástico de Catalunya que se celebra en Sitges decidiu consagrar a súa 45ª edición ao fin dos tempos. Con todo,... Ler máis
XÉNERO FALOCÉNTRICO
Se Sitges fixese uns cálculos estatísticos do seu público, que número de mulleres recollería a mostra por sesión? E se nos poñemos a contar o número de realizadoras que están detrás dunha cámara, sobre o total de filmes presentados nas últimas edicións, cal será o resultado? Non fai falta ter moita paciencia para estimar: baixa presenza. Por que lle preocupa a un... Ler máis
O TRIUNFO DA AUDIENCIA
O espectador, máis que nunca, foi o protagonista desta edición do Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya. Ten sentido sabéndonos próximos á fin do mundo, coma se Sitges fose o último bastión de esperanza ou o lugar onde queremos vivir o final, rodeados de cinema e de amigos creados a través do cinema. Vestímonos todos a pel do Curtis de Take Shelter... Ler máis
CORPOS EN DESINTEGRACIÓN
É curioso que a 45ª edición do festival de Sitges estivese dedicada á fin do mundo, grande tema do ano pasado, con filmes como 4:44 Last Day on Earth (Abel Ferrara, 2011) ou Melancholia (Lars von Trier, 2011); cando en realidade desta volta os temas que se advirten son outros e moi variados. O central (que ocupará esta primeira crónica dunha serie) é unha volta á fisicidade,... Ler máis
VERMELLO SOBRE AZUL: O YIN YANG COREANO NO THRILLER
Hoxe que dá comezo a 45ª edición do festival de Sitges, é bo revisar unha filmografía que na última década vén dando cada ano agradables sorpresas no certame. O thriller surcoreano abre fronteiras en citas cinéfilas e entre o público pola súa capacidade para combinar un ritmo trepidante e unha factura técnica impecable con ferramentas visuais e narrativas que procuran... Ler máis