Danny Lyon: Retratista do desarraigo

Un ano máis o Play-Doc de Tui volve exhibir músculo coas súas retrospectivas. Entre o 4 e o 8 de maio poderase ver no festival tudense a obra de Danny Lyon, reputado fotógrafo cuxa traxectoria cinematográfica é absolutamente descoñecida. Este ciclo é o primeiro que se lle organiza a nivel internacional, fóra dos seus natais Estados Unidos. ‘Estados Quebrados’... Ler máis

Bette Gordon: O hábito de (des)agochar

“A exploración da sexualidade foi un factor crucial na creación da súa conciencia feminina. Pareceulle que non se pode atopar o poder ata que se teña recoñecido a falta (de poder)”. Empty Suitcases (1980) Bette Gordon, a quen pertencen as palabras que abren este artigo e que condensan unha das ideas máis poderosas da súa obra, é unha das cineastas homenaxeadas este... Ler máis

Camborda x Enciso (II)

(vén de aquí) Eloy Enciso: Estamos a falar dos personaxes e teño curiosidade por saber como foi o teu traballo cos actores. Jaione Camborda: Arima tamén propón un espazo de incerteza. Quixen traballar coas actrices introducindo tamén o concepto de incerteza. Gustábame traballar desde a incerteza. Coñecían o proxecto, pero non todo o que eu esperaba dese proxecto. Dalgunha... Ler máis

Camborda x Enciso (I)

Como reflectindo a realidade cinematográfica deste ano, Novos Cinemas abre e pecha a súa IV edición coas proxeccións de Arima e Longa Noite, dúas longametraxes galegas que se unen ao ano que, con permiso de 2010, será o ano do cinema galego. Aproveitando esta coincidencia na cita pontevedresa, Jaione Camborda e Eloy Enciso volven ao estudo de Sar onde as dúas películas empezáronse... Ler máis

ALÉN DO FOTOGRAMA (III)

Bill Brand xunto a Ángel Rueda na (S8) Mostra de Cinema Periférico. Fotografía: María Meseguer (Vén de aquí) Podes ler o texto na súa versión orixinal aquí. A serie de Cartoons está chea de “enigmas e bromas sobre os conceptos do cinema experimental”, nas súas palabras. En Before the Fact  [1974] Saul Levine e unha muller repiten unha frase gravada falada por Levine... Ler máis

ALÉN DO FOTOGRAMA (II)

Bill Brand xunto con Elena Duque no (S8) Mostra de Cinema Periférico. Fotografía: María Meseguer (Viene de aquí) Puedes leer el texto en su versión original aquí. Tamén ten feito instalacións. As instalacións foron parte da miña práctica desde moi cedo. En 1971 fixen unha peza chamada Pong Ping Pong na que construín unha máquina demente que fai rotar un espello e proxecta... Ler máis

ALÉN DO FOTOGRAMA (I)

Fotografía: María Meseguer Podes ler a entrevista na súa versión orixinal aquí As películas de Bill Brand oscilan entre a abstracción e a figuración e son un tratado sobre a política da visión e sobre como o público se enfronta á lectura das imaxes. As súas primeiras obras analíticas (estruturais) como Moment (1972), Demolition of a Wall (1973) ou Touch Tone Phone... Ler máis

PO NO HORIZONTE

Pero… de onde saen todos eses coches? Esa é unha das preguntas máis frecuentes durante os debates posteriores a unha proxección de Hamada. E esa foi precisamente unha das primeiras cousas que me chamaron a atención durante a miña primeira visita aos campamentos de refuxiados saharauis de Tindouf. Como chegaron todos eses vehículos ata unha das zonas máis remotas do... Ler máis

KIDLAT TAHIMIK, MESTRE DE CINEMA

A política internacional do pasado século estivo protagonizada, alén de Guerras Mundiais, por un proceso de descolonización das nacións occidentais en África, Asia e América Latina. Filipinas é un dos países que, primeiro a mans dos españois, despois dos ianquis e dos xaponeses sufriu diversas invasións. Por iso, non é de estrañar que Kidlat Tahimik (Baguio, 1942)... Ler máis

BRUCE WEBER: A SUBLIMACIÓN DA MASCULINIDADE E ALGO MÁIS

O foco que Play-Doc lle dedica a Bruce Weber permítenos agora repasar a filmografía dun cineasta ocasional que está considerado coma un dos máis grandes fotógrafos de moda dos últimos trinta anos. Se ben tratar das súas instantáneas non resulta aquí o noso principal obxectivo e o volume de obra é inabarcable, as imaxes estáticas e en movemento que o norteamericano produce... Ler máis